Aire libre no image

Publicado el 20 de septiembre de 2013 | por María Cousido

0

Xornada de observación de aves en migración o 22 de setembro

1236533_362036243927142_1951380073_nMáis ou menos por estas datas, o Grupo Naturalista Vacaloura (entidade viguesa sen ánimo de lucro que ten como principais actividades o estudo e a conservación das especies e espazos naturais de Galicia) organizara unha xornada de observación de aves migratorias en Samil e este ano decidiron repetila. Nesta época, dende a punta da desembocadura do Lagares poderanse observar nos illotes e nas augas da ría aves mariñas en paso como carráns (Sterna sspp.), gaivotas (Larus sspp.) e lamícolas (Arenaria interpres, Calidris sspp., Limosa sspp., etc.).

Ao rematar farase un percorrido polo interior da Xunqueira do Lagares, na que se realizarán varias estacións de observación para contemplar, entre outras aves, garzas (Ardea sspp.), galiñas de río (Gallinula chlorpus) e outras lamícolas.

A ruta estará guiada por expertos naturalistas e proporcionarase como material unhas sinxelas fichas para os participantes máis novos, guías de aves para a identificación e telescopios para facilitar a observación.

  • Cando?: domingo 22 de setembro, a partir das 11:00 e ata aproximadamente as 13:30
  • Onde?: o punto de encontro é a porta principal do Complexo Deportivo de Samil, ao lado da desembocadura do Lagares
  • Canto custa?: a asistencia é libre, así que o custe é o do billete do Vitrasa para chegar a Samil.
  • Máis información: na páxina do Grupo Naturalista Vacaloura en Facebook.
¡Compártelo!

Tags: , ,


Sobre el autor

Mujer orquesta, creadora de Vigo Low Cost junto con Fer Martínez. Originaria de la Travesía -te marca de por vida-, su mayor afición es la fotografía.



Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos necesarios están marcados *


*

Puedes usar las siguientes etiquetas y atributos HTML: <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <strike> <strong>

Subir ↑