Cursos y talleres no image

Publicado el 20 de mayo de 2013 | por María Cousido

0

Cursos gratuítos de imaxe, son e informática en Vigosónico no verán

vigosonicoO espazo Vigosónico da Concellería de Xuventude lanza de novo os seus cursos gratuítos de imaxe, son e informática. Neste caso trátase de seis cursos que se celebrarán en dúas quendas, a primeira delas no mes de xuño e a segunda en xullo.

Como ven sendo habitual, a inscrición realizarase a través da web do Vigosónico, enchendo un formulario que estará dispoñible a partir das 00:00 10:00 de maña martes 21 de maio. As prazas outorgaranse por orde de chegada das solicitudes, tendo prioridade as persoas empadroadas en Vigo e con idades comprendidas entre 13 e 35 anos. Estos son os cursos ofertados:

Folleto Formación Verán xuño-xulloIniciación a Adobe Photoshop

  • 12 horas de duración
  • 1ª Quenda: sábados 8, 15, 22 e 29 de xuño, de 17:00 a 20:00
  • 2ª Quenda: todos os sábados de xullo, de 17:00 a 20:00

Curso básico de gravación

  • 16 horas de duración
  • 1ª Quenda: venres 7, 14, 21 e 28 de xuño, de 16:30 a 20:30
  • 2ª Quenda: todos os venres de xullo, de 16:30 a 20:30
  • Terán preferencia as solicitudes de usuarios/as dos locais da Concellería de Xuventude

Informática para traballar

  • 10 horas de duración
  • 1ª Quenda: xoves 6, 13 e 20 de xuño, de 16:30 a 20:00
  • 2ª Quenda: xoves 4, 11 e 18 de xullo, de 16:30 a 20:00
  • Requírense coñecementos básicos de informática e de correo electrónico

Edición de vídeo: perfeccionamento

  • 12 horas de duración
  • 1ª Quenda: mércores 5, 12, 19 e 26 de xuño, de 17:00 a 20:00
  • 2ª Quenda: mércores 3, 10, 17 e 24 de xullo, de 17:00 a 20:00
  • Terán preferencia as solicitudes de usuarios/as que teñan realizado o curso de iniciación

Fotografía dixital: Iniciación e safari

  • 6 horas cada un
  • 1ª quenda (curso iniciación): venres 7 e 14 de xuño, de 17:00 a 20:00
  • 2ª quenda (safari fotográfico): sábado 22 e 29 de xuño, de 17:00 a 20:00
  • 3ª quenda (curso iniciación): sábado 6 e 13 de xullo, de 17:00 a 20:00
  • 4ª quenda (safari fotográfico): sábado 20 e 27 de xullo, de 17:00 a 20:00
  • No Safari terán preferencia as solicitudes de usuarios/as que teñan realizado o curso de iniciación

Obradoiro de son en directo

  • 6 horas
  • 1ª quenda: venres 28 de xuño, de 16:00 a 22:00
  • 2ª quenda: venres 19 de xullo, de 16:00 a 22:00

Vigosónico atópase en Estrada do Portal, s/n (MAPA) na entrada ao Polígono Tecnolóxico de Valladares, ao lado do vial de baixada da universidade. Podedes chegar ata alí nas liñas de Vitrasa U1, C7 e L8.

¡Compártelo!

Tags: , , , , ,


Sobre el autor

Mujer orquesta, creadora de Vigo Low Cost junto con Fer Martínez. Originaria de la Travesía -te marca de por vida-, su mayor afición es la fotografía.



Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos necesarios están marcados *


*

Puedes usar las siguientes etiquetas y atributos HTML: <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <strike> <strong>

Subir ↑