Charlas y conferencias no image

Publicado el 7 de mayo de 2013 | por María Cousido

0

Programa de actividades no Punto Xove para o mes de maio

puntoxovemaio-1O espazo público de información e asesoramento xuvenil Punto Xove ven de presentar o seu programa de actividades para este mes, no que atoparedes charlas, cursos, exposicións e máis. Velaquí tedes a programación:

  • Mércores 8 ás 18:00 – Charla informativa sobre voluntariado europeo, orientada a xóvenes de entre 18 e 30 anos interesados en actividades de voluntariado no estranxeiro por un período non superior a 12 meses. Require inscripción previa.

  • Dende o luns 6 ata o venres 24 – Baixo o título “Nova onda de autores de BD e debuxantes vigueses”, exporanse unha serie de debuxos de diferentes autores, bosquexos e traballos orixinais dos principais estilos do xénero (europeo, manga, americano, etc.)
  • Martes 21 ás 18:00 – Obradoiro de sensibilización contra a Violencia de Xénero, impartido pola Asociación Faraxa. Require inscripción previa.
  • Xoves 23 ás 18:00 – Obradoiro de sensibilización contra o consumo de prostitución, impartido pola Asociación Faraxa. Require inscripción previa.
  • Venres 24 ás 11:00 – o “Venres Informático” é unha xuntanza que sirve para resolver dúbidas informáticas básicas entre os asistentes. Podes levar o teu portátil, tablet ou dispositivo móbil. Require inscripción previa.
  • Martes 28 ás 18:00 - Obradoiro de sensibilización contra a trata de persoas, impartido pola Asociación Faraxa. Require inscripción previa.
  • Viernes 31 de 10:00 a 13:00 – Curso gratuíto de manipulador de alimentos. Poderán participar xóvenes empadroados en Vigo que teñan entre 16 e 35 anos. Require inscripción previa cubrindo e enviando o formulario que se atopará na web de xuventudevigo.org dende as 10:00 do luns 20 de maio.

Ademáis, xa vos podedes pasar a recoller unha das 50 invitacións que se darán para o Celta-Valladolid da Liga Fertiberia Fútbol Indoor que terá lugar o venres 10 de maio ás 20:45 no pabellón municipal de As Travesas e dúas invitacións para ver unha película gratis no Cineclub Lumiére (Auditorio Municipal). Neste último caso, as levará o primeiro que entre e diga qué peli quere ver da programación que teñen en maio e demostre documentalmente que ten entre 18 e 35 anos.

Máis información:

  • O Punto Xove está na r/López de Neira, 27, (ao lado da r/Príncipe)
  • Teléfono: 986.223.004
  • Horario: de luns a venres de 09:30 a 14:00 e de luns a xoves de 17:00 a 20:00
  • Perfil en FB
  • Perfil en Twitter
¡Compártelo!

Tags: , , , , ,


Sobre el autor

Mujer orquesta, creadora de Vigo Low Cost junto con Fer Martínez. Originaria de la Travesía -te marca de por vida-, su mayor afición es la fotografía.



Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos necesarios están marcados *


*

Puedes usar las siguientes etiquetas y atributos HTML: <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <strike> <strong>

Subir ↑