Cultura no image

Publicado el 17 de abril de 2013 | por María Cousido

0

Obradoiros gratuítos de comunicación oral e escrita creativa en galego do 24 ao 30 de abril

biblioteca centralO Servizo de Normalización Lingüística do Concello de Vigo presenta unha nova edición destes obradoiros relacionados coa expresión oral e escrita, ambos gratuítos e dirixidos a persoas adultas. Neste caso repartiranse entre o Instituto Municipal de Educación (Camiño do Chouzo, preto da Praza da Industria) e a Biblioteca Central (Joaquín Yañez, 6, Casco Vello). O prazo de inscrición xa está aberto para ambos cursos.

Obradoiro de escrita creativa impartido polo escritor Francisco Castro

fco castro PEQDirixido a persoas ás que lles gusta escribir. Este está concebido dende unha perspectiva lúdica e moi participativa, quen acuda terá a oportunidade de plasmar sobre o papel o que hai na súa imaxinación, literaturizar a súa vida ou xogar a crear mundos coas palabras. Todas as persoas que participen terán a ocasión de escribir poemas, relatos, contos dende o primeiro momento e sempre partindo de actividades moi sorprendentes.

  • Mércores 24 e luns 29 de abril de 17:00 a 19:00 na Biblioteca Central

Obradoiro de comunicación oral impartido pola actriz Uxía Blanco

fonte: http://www.editorialgalaxia.com/weblog/?p=16450Aprende a seducir coa voz. Farase un achegamento a como comunicarnos en público: vencer o medo ao micrófono, como modular a voz ou ordenar o discurso. Falarase sobre a importancia da linguaxe non verbal, a presenza e a brevidade. Partindo dende a lingua de noso, lingua que ten un valor engadido xa que nos permite comunicarnos con 240 millóns de persoas pertencentes a lusofonía.

  • Lunes 29 e martes 30 de abril de 17:00 a 19:30 no Instituto Municipal de Educación

A inscrición xa está aberta no 986.810.281 (horario de 09:00 a 13:00)

¡Compártelo!

Tags: , , , ,


Sobre el autor

Mujer orquesta, creadora de Vigo Low Cost junto con Fer Martínez. Originaria de la Travesía -te marca de por vida-, su mayor afición es la fotografía.



Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos necesarios están marcados *


*

Puedes usar las siguientes etiquetas y atributos HTML: <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <strike> <strong>

Subir ↑