Programación de teatro no Auditorio Municipal para abril e maio

vigocultura_paginas.fh11Xa se presentou a programación para os meses de abril e maio no Auditorio Municipal do Concello de Vigo. Serán un total de 18 espectáculos musicais, teatrais e de danza para todo tipo de público e con prezos que irán dende 0€ ata 7€. Entre eles destacan os dous concertos que ofrecerá de balde o Conservatorio Superior de Música como parte da Semana da Música de Cámara, dúas actuacións de danza para conmemorar o Día Mundial da Danza e a estrea de «Anxeliños», baseada nun traballo de Roberto Vidal Bolaño, autor homenaxeado no Día das Letras Galegas deste ano.

Programa
  • Venres 5 de abril ás 21:00: «O método Grönholm». Teatro-comedia, para público adulto, entradas a 7€
  • Domingo 7 de abril ás 18:00: «A voar!». Teatro-comedia, para público familiar, entradas a 5€/3€
  • Venres 12 de abril ás 21:00: «Arquitectura da emoción». Teatro contemporáneo, para público adulto, entradas a 7€.
  • Domingo 14 de abril ás 18:00: «O refugallo». Teatro contemporáneo, para público familiar, entradas a 5€/3€
  • Venres 19 de abril ás 21:00: «Malos hábitos». Teatro-comedia, para público adulto, entradas a 7€
  • Domingo 21 de abril ás 18:00: «O reino do revés». Comedia musical, para público familiar, entradas a 5€/3€
  • Venres 26 de abril ás 21:00: «Macho». Danza contemporánea, para público adulto, entradas a 7€
  • Domingo 28 de abril ás 18:00: «Eureka». Danza contemporánea, para público familiar, entradas a 5€/3€
  • Martes 30 de abril e xoves 2 de maio ás 20:30: Concertos da Semana da Música de Cámara. Para todos os públicos e entrada libre.
  • Venres 3 de maio ás 21:00: «Laretadas». Teatro-comedia, para público adulto, entradas a 7€
  • Domingo 5 de maio ás 18:00: «Far West». Teatro-comedia, para público familiar, entradas a 5€/3€
  • Sábado 11 de maio ás 21:00: «Románticos! De Mofa & Befa». Teatro-comedia, para público adulto, entradas a 7€
  • Domingo 12 de maio ás 18:00: «Cenicienta y las zapatillas de cristal». Danza e teatro, para público familiar, entradas a 5€/3€
  • Venres 17 de maio ás 21:00: «Anxeliños». Teatro-comedia, para todos os públicos (a partir de 7 anos), entradas a 3€
  • Domingo 19 de maio ás 18:00: «La muñeca pelona». Teatro con títeres, para público familiar, entradas a 5€/3€
  • Venres 24 de maio ás 21:00: «2US». Música fusión, para todos os públicos , entradas a 7€
  • Domingo 26 de maio ás 18:00: «Osiño». Teatro con títeres, para público familiar, entradas a 5€/3€

As entradas e abonos para os espectáculos poderán adquirirse a través de Servinova ou ben na Central de Espectáculos (Velázquez Moreno, 26). Haberá para elixir abonos á carta para 5 espectáculos (15% de desconto sobre o prezo total) ou 10 espectáculos (25% de desconto) e que só se poderán adquirir a través do teléfono 902.504.500 ou no despacho de billetes.

Máis información:

  • Para consultar o programa completo coas sinopses das obras, preme aquí

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *


*