Ocio no image

Publicado el 20 de marzo de 2013 | por María Cousido

0

XV edición da MITEU, Mostra Internacional de Teatro Universitario

gal01Esta tarde dará comezo a XV edición da Mostra Internacional de Teatro Universitario (MITEU), que da a oportunidade de subiren ás táboas a sólidas formacións teatrais nacidas nos campus de Galicia e de fóra da comunidade. Nesta ocasión renderase homenaxe a Roberto Vidal Bolaño, escritor e actor teatral ao que precisamente está adicado este ano o Día das Letras Galegas.

Ao igual que o pasado ano, nesta edición a MITEU tamén terá dous escenarios: a Mostra intercalará as representacións nas instalacións do campus universitario con outras no Auditorio Municipal do Concello de Vigo. Ademáis, todas as funcións serán de entrada libre ata completar aforo.

Á espera de que se confirme a totalidade do programa da Mostra, presentámosvos un avance do mesmo:

  • Mércores 20 de marzo: “Animaliños”, obra de Roberto Vidal Bolaño interpretada pola companía de Teatro da Universidade de Santiago de Compostela. Ás 18:30 no Teatro Vidal Bolaño.
  • Mércores 10 de abril: “Suicidio colectivo con encanto”, obra de Fernando Dacosta a partir de “Delicioso suicidio en grupo”, de Arto Paagilinna, interpretada pola Aula Universitaria de Teatro de Ourense. Ás 18:30 no Teatro Vidal Bolaño.
  • Martes 16 de abril: “A burla do galo”, obra de Roberto Vidal Bolaño interpretada pola Aula de Teatro da Universidade da Coruña. Ás 21:00 no Auditorio do Concello de Vigo.
  • Mércores 17 de abril: “Agora e na hora da nossa hora”, interpretada pola compañía Eduardo Okamoto (Brasil). Ás 21:00 no Auditorio do Concello de Vigo.
  • Xoves 18 de abril: “Gemma Suns”, interpretada pola compañía Fervor (Arxentina). Ás 21:00 no Auditorio do Concello de Vigo.
  • Mércores 24 de abril: “Propietarios”, obra de Roberto Vidal Bolaño interpretada pola Aula de Teatro do Campus de Vigo. Ás 18:30 no Teatro Vidal Bolaño.
¡Compártelo!

Tags: , , , ,


Sobre el autor

Mujer orquesta, creadora de Vigo Low Cost junto con Fer Martínez. Originaria de la Travesía -te marca de por vida-, su mayor afición es la fotografía.



Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos necesarios están marcados *


*

Puedes usar las siguientes etiquetas y atributos HTML: <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <strike> <strong>

Subir ↑







  • Twitter