Fanzinado, obradoiro de creación de fanzine e revistas en Súbete ó Castro

O centro de ocio xuvenil Súbete ó Castro organiza a partir de mediados deste mes un novo obradoiro gratuíto, neste caso adicado á creación de fanzines e revistas. Terá lugar nas propias instalacións de Súbete ó Castro (c/Paseo dos Cedros, s/n, a carón da pista de bicicletas de O Castro) durante 4 sábados en horario de 17:00 a 18:30.

Aquí vos deixo o programa:

  • 15 decembro: Introducción ao mundo dos fanzines, qué son, formatos, temáticas, deseños, etc.
  • 22 decembro: Comezo do deseño do fanzine, elixindo temas, recopilando e elaborando contidos, ilustracións, etc.
  • 12 xaneiro: Produción e maquetación dos contidos
  • 19 xaneiro: Mostra dos fanzines rematados

Como vos comentaba ao comezo, é un obradoiro gratuíto pero ao ser de prazas limitadas require inscripción previa. Ademáis, como todas as actividades que organizan dende a Concellería de Xuventude, están destinadas a xente de entre 13 e 35 anos. Para inscribirvos só tedes que enviar un mail a subeteocastro@vigo.org ou unha mensaxe privada ao perfil de Súbete ao Castro en Facebook cos vosos datos persoais (nome, apelidos, idade, correo electrónico e número de teléfono).

Máis información:

  • Teléfono: 986.485.541
  • Tamén podedes pedir máis información a través do mail e o perfil de Facebook indicados anteriormente

Ilustración por @jessicacidras

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *


*