Cursos y talleres no image

Publicado el 8 de octubre de 2012 | por María Cousido

0

Curso gratuito para PEMES turisticas galegas

Antes de nada temos que aclarar que este curso non está destinado ao público en xeral, senón a traballadores e donos de pequenas e medianas empresas do sector turístico. Aínda así decidimos incluilo en Vigo Low Cost polo seu completo programa (consultádeo neste enlace) e porque é gratuito. Así que se tes algún amigo traballando no sector non dubides en pasarlle a info, de seguro que cho agradecerá.

O curso en cuestión ten un nome ben longo -“Preparación das PEMES turísticas galegas para a súa asistencia e aproveitamento das Bolsas Internacionais de Contratación”- e está organizado pola Secretaría Xeral para o Turismo e a Feira Internacional de Galicia. Os obxectivos do curso son os seguintes:

  • Delimitar segmentos de clientes, principais mercados emisores cara Galicia e intermediarios axeitados, ademais das principais canles de comercialización no sector turístico e a importancia das tradicionais e as baseados en novas tecnoloxías.
  • Definir o seu concepto de produto e as súas vantaxes competitivas, e plasmalos nos seus eixos de comunicación e material promocional.
  • Describir e realizar con efectividade o proceso de negociación, venda, seguemento e peche da operación, coñecendo os aspectos clave dos acordos de contratación.
  • En definitiva, lograr comercializar eficazmente a súa empresa a través das canles propias do sector, internacionais e tamén nacionais.

Celebrarase en varias datas en diferentes localidades galegas, tendo lugar en Vigo entre o 13 e o 15 de novembro (se nos visitas dende outra localidade galega, consulta aquí o resto de datas). Son 12 horas presenciais repartidas en 3 xornadas matutinas -en horario de 10:00 a 14:00-, máis unha xornada posterior de feedback de dúas horas de duración. Entre o curso e o feedback farase un seguemento on-line ou telefónico de cada participante. Como vos dicía ao comezo, este curso é gratuito pero con inscripción previa obligatoria, que podedes efectuar cubrindo este formulario.

Más información:

  • Web
  • Teléfono de Feira Internacional de Galicia: 986.577.000.
¡Compártelo!

Tags: , ,


Sobre el autor

Mujer orquesta, creadora de Vigo Low Cost junto con Fer Martínez. Originaria de la Travesía -te marca de por vida-, su mayor afición es la fotografía.



Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos necesarios están marcados *


*

Puedes usar las siguientes etiquetas y atributos HTML: <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <strike> <strong>

Subir ↑