Este pasado sábado deu comezo ao outro lado da ría a 29ª Mostra Internacional de Teatro Cómico e Festivo de Cangas, organizada polo Concello de Cangas, a Asociación Cultural Xiria e a produtora teatral Teatro de Ningures.
Varias actuacións do programa teñen lugar ao aire libre, nas rúas de Cangas -e polo tanto, son gratis e para todos os públicos-. Son as seguintes:
«Ellas Bailan Solas» de Pikor Teatro
- Martes 3 de xullo ás 20:30
- Nas rúas e prazas do centro de Cangas