Charlas y conferencias no image

Publicado el 28 de mayo de 2012 | por María Cousido

0

V Xornadas Audiovisuais no IES Audiovisual de Vigo

Mañá martes dará comezo ás dez da mañá as V Xornadas Audiovisuais, ciclo de conferencias, mesas redondas e masterclass levadas a cabo polo IES Audiovisual de Vigo. Estas actividades pretenden dar coñecer mediante as experiencias de diferentes profesionais galegos do sector os diferentes campos que abrangue a produción audiovisual. Este ano, como non pode ser doutra maneira, o encontro céntrase na análise da produción audiovisual en época de crise: novos campos, novas técnicas que marcarán o futuro do sector e novos modelos de produción de cine.

Contará coa participación experimentados profesionais galegos como Xoán Mariño (Mr. Misto Films), o director Jorge Coira (“18 comidas”), Montse Besada (directora do departamento de Produción Allea da TVG), o director Jairo Iglesias (Píxel Films) ou o produtor Pepe Coira, entre outros. O programa completo podédelo descargar aquí.

Ademáis do ciclo de conferencias, haberá dúas masterclass gratuitas:

  • O martes 29 ás 17:30 “Caracterización no Audiovisual”, a cargo de Alberto Hortas (4 Ojos Estudio), que nos amosará os segredos, ferramentas, técnicas e tempos necesarios da caracterización no cine.
  • O mércores 30 ás 16:30 “Técnicas de gravación de cine”, na que Canon presentará as técnicas de gravación coa súa cámara Canon EOS movie video 5D+2, os seus usos, aplicación e características especiais.

Para asistir a unha ou ás dúas masterclass, é preciso que vos incribades descargando esta ficha e enviándoa cuberta ao mail vxornadasaudiovisuais@gmail.com.

¡Compártelo!

Tags: , , , , , , ,


Sobre el autor

Mujer orquesta, creadora de Vigo Low Cost junto con Fer Martínez. Originaria de la Travesía -te marca de por vida-, su mayor afición es la fotografía.



Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos necesarios están marcados *


*

Puedes usar las siguientes etiquetas y atributos HTML: <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <strike> <strong>

Subir ↑