Cultura no image

Publicado el 23 de mayo de 2012 | por María Cousido

3

Xornada de portas abertas nas principais adegas galegas

Este próximo sábado día 26, Turgalicia organiza en colaboración coas 5 asociacións de rutas vitivinícolas galegas unha xornada de portas abertas. Nela, todas as adegas participantes na promoción inclúen unha visita guiada e gratuita polas súas instalacións, ademáis de catas de viño ao final. Podedes visitar unha ou varias adegas, as que queirades. A maiores, tamén se ofrecen rutas guiadas pola zona ou outro tipo de actividades, aínda que a maioría destas son de pago, así como descontos en aloxamento.

No folleto que Turgalicia editou sobre a Xornada de Portas Abertas, encontraredes toda a información referente á Xornada, ás 5 rutas do viño, aos programas de actividades a maiores que desenvolven (mirade ben se son de pago e canto custan) e aos restaurantes adscritos á promoción, xunto cós listados de menús que ofertan a 25€.

Acerca destes menús, en Vigo Low Cost non negamos que poidan estar moi ben e ser moi interesantes, pero de lowcosteros non che teñen nadiña. A nosa proposta alternativa -sempre que a meteoroloxía o permita- é que montedes un picnic pola vosa conta con cousiñas que traiades de casa, xa que seguramente aproveitaredes para coñecer as inmediacións das adegas, a paisaxe, etc.

Para asistir á Xornada de Portas Abertas, só tedes que poñervos en contacto coa asociación da ruta vitivinicola que corresponda e que vos anoten. Aquí tedes o listado:

Asociación da Ruta do Viño de Monterrei (no sureste da provincia de Ourense, preto da fronteira con Portugal)

  • 988 590 354
  • info@rutadelvinomonterrei.com
  • www.rutadelvinomonterrei.com

Asociación da Ruta do Viño Ribeiro (na zona occidental da provincia de Ourense, preto da capital)

  • 988 472 044
  • rutadelvinoribeiro@gmail.com
  • www.rutadelvinoribeiro.com

Asociación da Ruta do Viño Rías Baixas (recorre boa parte da provincia de Pontevedra, de norte a sur)

  • 986 521 008
  • info@rutadelvinoriasbaixas.com
  • www.rutadelvinoriasbaixas.com

Asociación da Ruta do Viño Ribeira Sacra (entre as provincia de Lugo e Ourense)

  • 982 410 968 / 698 767 991
  • rutavino@ribeirasacra.org
  • www.ribeirasacra.org

Asociación da Ruta do Viño Valdeorras (noroeste da provincia de Ourense)

  • 988 312 117
  • info@rutadelvinovaldeorras.com
  • www.rutadelvinovaldeorras.com
¡Compártelo!

Tags: , ,


Sobre el autor

Mujer orquesta, creadora de Vigo Low Cost junto con Fer Martínez. Originaria de la Travesía -te marca de por vida-, su mayor afición es la fotografía.



3 respuestas a Xornada de portas abertas nas principais adegas galegas

  1. Muchas gracias por la difusión de esta Jornada. Desde la Ruta do Viño Rías Baixas os recomendamos contactar previamente con las bodegas y demás establecimientos para saber si existe disponibilidad. Podéis consultar los horarios de visitas y actividades en el siguiente link;
    http://www.rutadelvinoriasbaixas.com/es/jornada-de-puertas-abiertas
    os esperamos!! Un saludo

  2. Sanfran dice:

    Por cierto, para los interesados: me puse en contacto con la asociación Rías Baixas pero me dijeron que para anotarse para la visita hay que ponerse en contacto directamente con la bodega a la que se quiera ir.

  3. Sanfran dice:

    Me encanta vuestra página. ¡Enhorabuena! Seguid así. Esta semana ya fui a por mis muestritas de Clarins y el sábado nos vamos a probar los magníficos caldos de la tierra. Gracias

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos necesarios están marcados *


*

Puedes usar las siguientes etiquetas y atributos HTML: <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <strike> <strong>

Subir ↑