Conciertos no image

Publicado el 15 de mayo de 2012 | por María Cousido

0

Concerto de Sés no CUVI o 16 de maio

Como peche á tempada cultural da Universidade de Vigo, chega o concerto de Sés, proxecto musical da cantautora María Xosé Silvar. Despois de máis de 30 concertos por toda Galicia coa banda Chámalle Xis! e dalgunhas colaboracións con Zënzar ou Xabier Díaz, en 2011 María Xosé publica “Admirando a condición”, o primeiro disco de Sés. Completan a súa formación Aixa Romay, Lucía Souto, Carla Álvarez (coros), Tito José Calviño (guitarra), Miguel Queixas (batería), Cristian Leggiero (piano), José Rodríguez (saxo), Moncho Ces (trompeta) e Daviz Paz que, ademais de tocar o saxofón é o produtor musical e arranxista do disco.

Dos coros africanos aos ritmos ska, do blues á pachanga, de Aretha a Janis, da Habana a Budapest… Sés é unha descarga de ritmos e sons cun denominador común: as boas vibracións. Unha banda de dez músicos con sección de vento e coros, un montón de temas orixinais cantados en galego e unha vocalista que canaliza toda a enerxía do escenario. Velaquí unha mostra do traballo de Sés:

  • Cando?: mércores 16 de maio, ás 12:30h.
  • Onde?: sala 1 do Edificio Miralles, en pleno corazón do CUVI.
  • Cuánto custa?: NADA. A entrada é gratis ata completar aforo.
¡Compártelo!

Tags: , , ,


Sobre el autor

Mujer orquesta, creadora de Vigo Low Cost junto con Fer Martínez. Originaria de la Travesía -te marca de por vida-, su mayor afición es la fotografía.



Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos necesarios están marcados *


*

Puedes usar las siguientes etiquetas y atributos HTML: <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <strike> <strong>

Subir ↑