Formación no image

Publicado el 25 de marzo de 2012 | por María Cousido

0

Encontros con nominados aos Mestre Mateo no IES Audiovisual de Vigo

IES Audiovisual de VigoEste luns 26 de marzo ás 11:00 horas, o IES Audiovisual de Vigo acollerá un dos Encontros dos Premios Mestre Mateo que organiza a Academia Galega do Audiovisual. Neles participan profesionais de disciplinas diversas vinculadas ao audiovisual, dende a montaxe ou a dirección de fotografía até a dirección e a produción. Estas xuntanzas buscan que os profesionais da industria conversen cos alumnos das escolas vencelladas co sector audiovisual e con outros profesionais sobre o seu traballo, tanto polos proxectos que resultaron nominados, como sobre a súa profesión en xeral.

O coloquio deste luns en Vigo centrarase na produción e contará coa presenza de Fernanda del Nido (responsable da longametraxe documental Tralas luces), José Luis González (da curta de animación A banda/The Band) e Adrián Reza (do programa de televisión Galegos no mundo).

A finalidade destes encontros é achegaren ao alumnado das principais escolas de formación audiovisual de Galicia as experiencias e o coñecemento dos nominados aos Mestre Mateo 2011. Aínda así, a participación nesta actividade é gratuita e está aberta a todas as persoas interesadas no sector audiovisual e enmarcase dentro da iniciativa do centro de achegar aos seus alumnos ás condicións e experiencias reais de traballo dos técnicos de son e produtores, xa que nel impártense os ciclos superiores de Son e de Produción Audiovisual, Radio e Espectáculos.

 

¡Compártelo!

Tags:


Sobre el autor

Mujer orquesta, creadora de Vigo Low Cost junto con Fer Martínez. Originaria de la Travesía -te marca de por vida-, su mayor afición es la fotografía.



Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos necesarios están marcados *


*

Puedes usar las siguientes etiquetas y atributos HTML: <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <strike> <strong>

Subir ↑