Aire libre no image

Publicado el 23 de marzo de 2012 | por María Cousido

0

Roteiro polo Río Fraga (Moaña) este domingo

Cartel roteiro río Fraga 25 marzo A Federación de Comerciantes e Industrais do Morrazo (Fecimo) comeza o seu programa de actividades medioambientais para o 2012 cun roteiro polo Río da Fraga (Moaña) no seu esforzo por poñer en valor da riqueza natural e patrimonial das vilas do Morrazo.

En principio, esta actividade estaba prevista para o 4 de marzo, pero tivo que ser cancelada por mor da chuvia. Polo tanto, o roteiro foi posposto para este domingo, 25 de marzo. Por sorte, parece ser que esta vez acompañaranos a meteoroloxía.

Trátase dun sendeiro á beira do Río da Fraga, o máis cumprido e caudaloso do municipio, con ameneiros, bidueiros, salgueiros e outras árbores de ribeira, unha zona de muíños rehabilitada e fervenzas na zona máis alta do percorrido.

  • ¿Cando?: este domingo, 25 de marzo. Saída ás 10:00h do aparcamento entre os colexios de Reibón e A Seara (A Xunqueira). Por se queredes ver o punto exacto de saída en Google Earth ou tedes GPS, as coordenadas son 42°17’16.70″N, 8°43’45.11″O
  • Percorrido do roteiro: son en total 11 km. Neste enlace tedes un mapa co recorrido a facer. Súbese e báixase polo mesmo sitio, así que o percorrido finaliza no punto de partida.
  • Duración: unhas 3 horas e media
  • Dificultade: moderada
  • ¿Teño que levar algo en particular?: calzado cómodo para camiñar con sola non esvaradiza, auga dabondo para hidratarse no camiño e comida por se queres quedarte a comer alí ao remate do roteiro
  • ¿Onde me apunto?: Para participar só tes que confirmar asistencia no e-mail comunicacion@fecimo.es ou chamando ao teléfono 986.305.000. Tes que deixar os teus datos (nome, apelidos e teléfono) e dicir se vas con máis xente. En principio, non hai límite de prazas.
  • ¿Cando custa?: Nada. Únicamente o que te custe desprazarte ata Moaña.

Para chegar ata o punto de partida pódelo facer por dous un medio:

  • En Coche: colles a AP-9 e saes na primeira saída que hai tras pasar a ponte de Rande. Saíndo por alí, a peaxe é gratis. Logo, só tes que coller dirección Moaña na rotonda e ir ata o punto de partida (A Xunqueira). O traxecto dura pouco máis de 20 minutos. A continuación, póñovos un mapa coa ruta para chegar dende Vigo:


Ver mapa más grande

  • En bus: sentimos decirvos que non tendes bus para ir e venir no mesmo día. A única empresa que fai a ruta Vigo-Moaña, Monbús, fai un Moaña-Vigo de 9:25 a 10:20, pero a ruta contraria de 19:15 a 20:10. Como sempre, Monbús facendonos a vida máis sinxela…
¡Compártelo!

Tags: ,


Sobre el autor

Mujer orquesta, creadora de Vigo Low Cost junto con Fer Martínez. Originaria de la Travesía -te marca de por vida-, su mayor afición es la fotografía.



Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos necesarios están marcados *


*

Puedes usar las siguientes etiquetas y atributos HTML: <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <strike> <strong>

Subir ↑