Archive for 19 de mayo de 2014

Obradoiro gratuito de ADICAE sobre comunidades de veciños

O refrán di que o rozamento fai o cariño pero nas comunidades de propietarios non sempre é tan doado e problemas derivados do ruído, derramas imprevistas, colocación de ascensores, non pagamentos dos veciños, etc., son do máis común. Por iso a Asociación de Usuarios de Bancos, Caixas e Seguros (ADICAE) organiza o obradoiro «Aclárese cos seus dereitos e deberes como propietario» co obxectivo de resolver todas as dúbidas que teñamos sobre os nosos dereitos e deberes como propietarios dunha vivenda, así como o funcionamento das comunidades de veciños.

Read more

XV Festival de Títeres de Redondela do 19 ao 25 de maio

Consulta la edición de 2015 en nuestra Agenda Low Cost

O Festival Internacional de Títeres de Redondela presenta a súa XV edición enchendo as rúas da vila de títeres, músicos e artistas de todo o mundo. O evento, organizado pola Asociación Xente Titiriteira coa  participación da Concellería de Cultura do Concello de Redondela, mantén a vocación internacional do festival presentando nesta ocasión  traballos e espectáculos de compañías profesionais de Rusia, Portugal, Ecuador,  Francia, Chile, Italia, Cataluña, Madrid e Galicia, entre outros lugares. Ademáis, nesta ocasión rendirán homenaxe a Juanjo Amoedo, promotor orixinal do festival e falecido fai uns anos.

Read more