Archive for 24 de mayo de 2012

Ciclo de contacontos para adultos na Biblioteca Xosé Neira Vilas

¿Quen dixo que os contacontos son só para nenos? Se se escriben contos para maiores, ¿por qué non hai contacontos para adultos? Eso mesmo deberon de pensar os organizadores do ciclo de contacontos para adultos Contos Dakí, que comezou o pasado 23 de abril con motivo do Día do Libro. As sesións corren a cargo do poeta e contacontos Celso Sanmartín, que nos ofrecerá as historias que ao longo da súa traxectoria ten recollido por toda a xeografía galega. A estas historias engádelles un toque contemporáneo, porque os contos da nosa tradición oral son tamén actuais, e non oxidadas pezas de museo. A asistencia é gratuita ata completar aforo.

  • Cando?: dúas sesións, a primeira mañá venres 25 e a segunda o venres 29 de xuño. Ambas son ás 19:30.
  • Onde?: na biblioteca Xosé Neira Vilas (Avd. Martínez Garrido, 21, a carón da Escola Oficial de Idiomas).

Charla-coloquio con motivo del Día Nacional del Celíaco

Cada día más gente es celíaca, razón por la cual cada vez es más común encontrar en supermercados y grandes superficies una sección dedicada a productos sin gluten. Éstos son alimentos normales pero que por su naturaleza o sistema de fabricación son aptos para los celíacos.

  • ¿Cuándo?: mañana viernes 25 de mayo, a las 19:30
  • ¿Dónde?: 1ª planta del Centro Comercial Travesía, local A11

 

 

Roteiro en Bueu sobre a obra de Lugrís o 27 de maio

A Federación de Comerciantes e Industriais do Morrazo (FECIMO) organiza para o domingo da semana que vén, 27 de maio, unha nova andaina. Esta vez será algo distinta ás anteriores: trátase dunha ruta polo casco urbano de Bueu para coñecer algúns dos monumentos máis salientables da vila, conducidos polas pegadas de Urbano Lugrís, un dos pintores máis destacados da historia de Galicia.

A ruta comezará na Casa Consistorial, onde se atopan copias dos bocetos que Lugrís deseñou para a Capela dos Santos Reis. Continuará cara a casa natal de Matilde Bares, mestra que desenvolveu unha intensa labor de difusión da cultura. Visitarase a Igrexa Parroquial de San Martiño, con pezas de estilo románico e o Calvario de Bueu, de grande importancia dado que só existen tres conxuntos escultóricos deste estilo en Galicia.

Continuando cara a Casa de Música Manuel Omil e a Praza do Enleito, onde estivo a primeira Casa Consistorial de Bueu, chegarase ata o Pazo de Castrelos, que foi residencia do escritor Johán Carballeira.

A Capela dos Santos Reis será o punto central desta ruta e unha das obras protagonistas, única capela adicada aos Reis Magos xunto coa catedral de Colonia. Urbano Lugrís foi o deseñador do novo templo, quen o encheu de motivos marítimos, fiel ao seu estilo. Disfrutarase de fermosas vistas sobre a ría coa visita ao Pazo de Santa Cruz, unha das máis destacadas xoias arquitectónicas do Morrazo.

Descendendo de novo en dirección ao mar, chegarase ao Estaleiro de Purro, unha das últimas carpinterías de ribeira conservadas, así como tamén se visitará o pantalán das embarcacións tradicionais para contemplar as dornas, botes polbeiros, lanchas xeiteiras, etc. O roteiro rematará apenas uns metros despois, no Museo Massó, de gran importancia polos seus fondos bibliográficos e etnográficos, sendo un dos museos máis importantes de temática mariñeira.

  • ¿Cando?: o próximo domingo, 27 de maio. Saída ás 10:00h. A ruta comeza A ruta comeza na Casa do Concello de Bueu (Avenida de Montero Ríos).
  • Percorrido do roteiro: son en total 6 km. Neste enlace tedes un mapa co percorrido, que ao ser circular, remátase no punto de partida.
  • Duración: unhas 3 horas e media, aproximadamente.
  • Dificultade: moderada.
  • ¿Teño que levar algo en particular?: calzado cómodo para camiñar con sola non esvaradiza e auga dabondo para hidratarse no camiño.
  • ¿Onde me apunto?: Para participar só tes que confirmar asistencia no e-mail comunicacion@fecimo.es ou chamando ao teléfono 986.305.000. Tes que deixar os teus datos (nome, apelidos e teléfono) e dicir se vas con máis xente. En principio, non hai límite de prazas. Ollo, porque mañá venres 25 é o último día para apuntarse.
  • ¿Cando custa?: A asistencia é gratuita pero é imprescindible confirmación e número de asistentes, para ter contabilizados os participantes do roteiro. Polo tanto, os únicos custes son os de desprazamento ata Cangas.

Para ir dende Vigo ata Bueu en coche, aquí vos deixo un mapa coa ruta. Se pulsades enriba del, abrirásevos en Google Maps mostrando os distintos pasos da ruta.


Ver mapa más grande

Actividades gratuitas no Festival de Cans

Onte comezou o Festival de Cans, festival de cine galego onde poderedes ver estreas de curtas, documentais, longametraxes, videoclips, etc. Ademáis das proxeccións, tedes outras actividades alternativas ao longo da parroquia: concertos, pasarrúas, desfiles de chimpíns, sendeirismo…

O mellor é que lle botedes un ollo ao programa e vexades o que vos interesa. Todo o que ven aí é de balde, salvo dúas cousas:

  • A sección oficial, onde se proxectan as curtas a concurso (sábado 26, 16:30h, entradas esgotadísimas)
  • O Fantabuloso Cine Ambulante dos Irmáns Lumieira (sábado 26, sesións ás 21:00 e 22:00, 1 € por sesión).

Como poderedes ver no Programa, a meirande parte das actividades do festival son gratuitas e de acceso libre ata completar os aforos de cada recinto. Por exemplo:

  • Hoxe xoves no Porriño: á estrea da longametraxe Arrugas con final alternativo e o concurso de videoclips
  • Mañá venres ás proxeccións no baixo do Moncho, e as actividades e concertos no torreiro de Cans
  • O sábado pola mañá un roteiro a pé polo camiño de Atios, o coloquio con Isabel Coixet na leira de Alicia e a sesión vermú.
  • O sábado pola tarde-noite ao Jalpón Fri (antigo Jalpón Friki), a Sala Multiusos, o Cans Voulevar e os concertos.

Asimesmo, tampouco custa un peso pasear por Cans, gozar co ambiente do festival e pasalo ben.

CÓMO CHEGAR A CANS

Cans é unha parroquia de Porriño á que se accede principalmente a través da autovía A52 (a que vai ata Ourense), aínda que como Cans é pequeno e vai a estar petado, non é recomendable que levedes o coche ata alí -de feito, mañá e o sabado van a cortar o tráfico, co que directamente non poderedes acceder en coche. Dende a organización recomendan ir ata Porriño, aparcar alí e pillar un dos buses que van e veñen de Cans estes días e que o billete custa 1€ para todo o día (fagas as viaxes que fagas). Neste enlace á web do Festival veñen os lugares onde podedes deixar o coche e os horarios e as paradas dos buses.