Tag Archive for servizo de normalización lingüística de vigo

Obradoiro gratuito de improvisación teatral en galego en Vigo en abril e maio

O teatro e a vida non están tan afastados como semella. Todos somos, dalgún xeito, actrices e actores das nosas vidas. Por iso a Concellería de Normalización Lingüística vai levar a cabo un obradoiro de improvisación teatral, no que o obxectivo é tomar consciencia desta semellanza, trasladando eses recursos que utilizamos na nosa vida cotiá a un espazo ficcional.

Este obradoiro gratuito diríxese a adolescentes ou persoas adultas non profesionais no eido das artes escénicas. Terá un total de 21 horas lectivas presenciais os días 12, 19, 26 de abril e 3, 10, 24, 26 de maio en horario de 17:00 a 20:00 no Instituto Municipal de Educación (Camiño do Chouzo, 2).

Read more

Obradoiro gratuito de teatro improvisado impartido por Uxía Blanco

O Servizo de Normalización Lingüística do Concello organiza a través do Centro de Interpretación da Oralidade de Vigo un obradoiro de teatro improvisado en galego que será impartido pola actriz Uxía Blanco. O obxectivo deste obradoiro gratuito é dotar ao alumnado de recursos para saír airosos no mundo do espectáculo, así como dotalos de recursos para resolver calquera situación na vida real, á par que melloran a súa expresión oral en galego.

Read more

Obradoiro gratuíto de teatro lido do 25 de novembro ao 18 de decembro

Os vellos non deben de namorarseO Servizo de Normalización Lingüística do Concello organiza a través do Centro de Interpretación da Oralidade de Vigo un obradoiro de teatro lido en galego impartido pola actriz Uxía Blanco. Vai dirixido a persoas adultas que desexen mellorar a súa expresión oral en galego e terá lugar no salón de actos do Instituto Municipal de Educación (Camiño do Chouzo, 2) durante oito días: 25 e 27 de novembro e 2, 4, 9, 11, 16 e 18 de decembro, en horario de 17:30 a 20:00.

Read more

Xornadas gratuítas sobre toponimia o 7 e 8 de xuño

Manual-Cabos 3A Área de Normalización Lingüística da Universidade de Vigo e a Concellaría de Normalización Lingüística do Concello, coa colaboración da Comunidade de Montes de Zamáns, a Asociación Veciñal San Mamede de Zamáns e o Instituto de Estudos Miñoranos organizan unhas xornadas sobre toponimia. As distintas persoas que están a traballar na recollida de topónimos tradicionais darán a coñecer o seu traballo en distintas parroquias de Vigo, co obxecto de divulgar o legado histórico.

Read more

Obradoiros gratuítos de comunicación oral e escrita creativa en galego do 24 ao 30 de abril

biblioteca centralO Servizo de Normalización Lingüística do Concello de Vigo presenta unha nova edición destes obradoiros relacionados coa expresión oral e escrita, ambos gratuítos e dirixidos a persoas adultas. Neste caso repartiranse entre o Instituto Municipal de Educación (Camiño do Chouzo, preto da Praza da Industria) e a Biblioteca Central (Joaquín Yañez, 6, Casco Vello). O prazo de inscrición xa está aberto para ambos cursos.

Read more

Libros gratis sobre a Toponimia do Val do Fragoso

Manual-Cabos 3O Servizo de Normalización Lingüística do Concello de Vigo ven desenvolvendo dende 2010 un proxecto de recuperación da toponimia tradicional local, consistente na recollida e divulgación da microtoponimia das parroquias de Vigo. Este proxecto comezou polas parroquias de Coia e Lavadores e o resultado desas investigacións plasmouse en dous libros, «Toponimia do Val do Fragoso. Coia» e «Toponimia do Val do Fragoso. Lavadores», escritos por Iván Sestay e coa colaboración da Universidade de Vigo.

Read more