Tag Archive for recital poético

Recital de «Un mundo de poesía» no Calvario

A Asociación de Veciños do Calvario organiza xunto co Grupo Brétema un recital de poesía para celebrar o Día das Letras Galegas. Contarán coa presencia de Carmeliña e do propio Grupo Brétema e o acto estára aberto a todo o que queira participar recitando poesía. Ademáis, terán un posto de venda para libros e tamén darán algúns libros de poesía gratis.

Se vos interesa, estarán hoxe á tarde, desde as 17:00 ata as 20:00 na praciña que hai diante do Mercado do Calvario.