Tag Archive for festival de Cans

XI Festival de Cans do 21 ao 24 de maio

En 7 días volve o festival de cine con máis agroglamour da galaxia: o Festival de Cans, que este ano adícase aos 20 anos da primavera do rock feito en Galicia e en galego. Unha retrospectiva de documentais e videoclips do Xabarín e un concerto de Heredeiros da Crus artellan un dos pratos fortes desta undécima edición que se celebrará do mércores 21 ao sábado 24 de maio en Cans (Porriño). Catro días de programación con curtametraxes, estreas de longametraxes, documentais, novas linguaxes narrativas, novas seccións e máis de vinte actuacións musicais.

Read more

X Festival de Cans, do 22 ao 25 de maio

524571_10151505088939454_1732252455_nFalta pouco máis dunha semana para que chegue a X edición do festival cinematográfico agroglamouroso por excelencia, o de Cans. Alí poderedes asistir durante catro días a estreas de curtas, documentais, longametraxes, videoclips, etc. Ademáis das proxeccións, haberá outras actividades paralelas, como concertos, pasarrúas, desfiles de chimpíns, sendeirismo… O mellor é que lle botedes un ollo ao programa de este ano e vexades o que vos interesa.

Read more

Actividades gratuitas no Festival de Cans

Onte comezou o Festival de Cans, festival de cine galego onde poderedes ver estreas de curtas, documentais, longametraxes, videoclips, etc. Ademáis das proxeccións, tedes outras actividades alternativas ao longo da parroquia: concertos, pasarrúas, desfiles de chimpíns, sendeirismo…

O mellor é que lle botedes un ollo ao programa e vexades o que vos interesa. Todo o que ven aí é de balde, salvo dúas cousas:

  • A sección oficial, onde se proxectan as curtas a concurso (sábado 26, 16:30h, entradas esgotadísimas)
  • O Fantabuloso Cine Ambulante dos Irmáns Lumieira (sábado 26, sesións ás 21:00 e 22:00, 1 € por sesión).

Como poderedes ver no Programa, a meirande parte das actividades do festival son gratuitas e de acceso libre ata completar os aforos de cada recinto. Por exemplo:

  • Hoxe xoves no Porriño: á estrea da longametraxe Arrugas con final alternativo e o concurso de videoclips
  • Mañá venres ás proxeccións no baixo do Moncho, e as actividades e concertos no torreiro de Cans
  • O sábado pola mañá un roteiro a pé polo camiño de Atios, o coloquio con Isabel Coixet na leira de Alicia e a sesión vermú.
  • O sábado pola tarde-noite ao Jalpón Fri (antigo Jalpón Friki), a Sala Multiusos, o Cans Voulevar e os concertos.

Asimesmo, tampouco custa un peso pasear por Cans, gozar co ambiente do festival e pasalo ben.

CÓMO CHEGAR A CANS

Cans é unha parroquia de Porriño á que se accede principalmente a través da autovía A52 (a que vai ata Ourense), aínda que como Cans é pequeno e vai a estar petado, non é recomendable que levedes o coche ata alí -de feito, mañá e o sabado van a cortar o tráfico, co que directamente non poderedes acceder en coche. Dende a organización recomendan ir ata Porriño, aparcar alí e pillar un dos buses que van e veñen de Cans estes días e que o billete custa 1€ para todo o día (fagas as viaxes que fagas). Neste enlace á web do Festival veñen os lugares onde podedes deixar o coche e os horarios e as paradas dos buses.