Tag Archivos de a cova dos ratos

Planes para el sábado 6 de abril

cartel RECONQUISTA 2013 PEQ

Festa da Reconquista (+ info)

Música, teatro, gastronomía y demostracións de artesanía entre otras actividades animarán las calles del Casco Vello conmemorando la expulsión del ejñército francés el 28 de marzo de 1809.

Leer más

 

Iniciación ao Pilates e novo obradoiro de xabón en A Cova dos Ratos

xabron caseiro cova peqDous novas actividades están programadas para esta semana no centro cultural autoxestionado A Cova dos Ratos. A primeira da que vos imos falar xa vos soará, tratase dunha nova edición do obradoiro de xabón caseiro, pero coa particularidade de que nesta ocasión será para elaborar xabón para uso cosmético a partir dunha sinxela receita a base de aceite de oliva. Será este sábado día 6 entre as 19:00 e as 21:30, e como sempre é de balde pero podedes contrubuir ao final da sesión botando algo no bote se queredes.

Leer más

 

Obradoiro de cestería en A Cova dos Ratos todos os xoves

cestería a cova dos ratos

No centro cultural autoxestionado A Cova dos Ratos levan desde xaneiro impartindo un obradoiro gratuíto de iniciación á cestería que está a ter moito éxito. Neste obradoiro faise un percorrido polos tipos básicos de trenzado e polos distintos materiais empregados para elaborar estas pezas de artesanía que o noso entorno privilexiado nos agasalla.

Leer más

 

Obradoiro de xabón en A Cova dos Ratos o 13 de marzo

O centro cultural autoxestionado A Cova dos Ratos organiza un obradoiro para aprender a fabricar xabones reciclados en casa. Esta actividade levarase a cabo no seu local na rúa Romil o mércores 13 de marzo. Neste obradoiro aprenderemos a elaborar xabón con aceite usado. Este xabón servirá para lavar tanto a louza como a roupa e así aproveitaremos un residuo moi habitual no fogar que moitas veces non sabemos como eliminar.

Leer más

 

Segunda edición do obradoiro de receitas veganas en A Cova dos Ratos o 24 de febreiro [COMPLETO]

O curso está completo, está previsto que colguen as receitas no evento de facebook para os que non poidan asistir.

O centro cultural autoxestionado A Cova dos Ratos organiza unha segunda edición do obradoiro de cociña vegana que comezaron en xaneiro. A idea é ensinar a elaborar unha serie de receitas sinxelas e saborosas que logo degustar xuntos no xantar: chourizo vegano feito con glute de trigo, queixo vegano feito con anacardos, humus, albóndegas de soia con crema de cebola e arroz e como sobremesa biscoito de cacao con crema Red Velvet, colorada con remolacha.

Leer más

 

Obradoiro de receitas veganas en A Cova dos Ratos o 20 de xaneiro

Este domingo o centro cultural autoxestionado A Cova dos Ratos organiza un obradoiro de cociña no que ensinarán a elaborar varias receitas veganas que posteriormente se degustarán entre alumnos e mestres. Durante a mañá do domingo ensinarase a preparar varias receitas de tortilla de pataca sen ovo, madalenas de algarroba ou cacao con crema de limón e seitán, un preparado alimenticio a base de glute de trigo.

Leer más

 

Obradoiro gratuíto de cestería en A Cova dos Ratos

*** ACTUALIZACIÓN 06/02/2013 ***

Ante o éxito que está tendo esta actividade, ampliárona a este mes, celebrándose todos os xoves (7, 14, 21 e 28 de febreiro) de 19:00 a 21:00.

*** ARTIGO ORIXINAL ***

No centro cultural autoxestionado A Cova dos Ratos (r/Romil, 3, baixo) organizan neste mes de xaneiro un obradoiro gratuíto de iniciación á cestería. Nel haberá tanto teoría coma práctica sobre os materiais empregados, tipos básicos de trenzado, técnicas e usos.

Leer más

 

Obradoiros de xabón caseiro en A Cova dos Ratos

O centro social autoxestionado A Cova dos Ratos organiza nas próximas datas dous obradoiros para aprender a facer xabón caseiro. A primeira sesión será mañá mércores día 12 entre as 20:00 e as 22:30, na que ensinarán a facer un excelente limpador para a louza e a roupa con aceite usado.

Leer más

 

Aprende a fabricar jabón casero en A Cova dos Ratos

*****ACTUALIZACIÓN: hay una nueva edición de este obradoiro. Al final tenéis la fecha y hora del mismo*****

He comprobado que últimamente se habla mucho en la red sobre la elaboración de jabones caseros, algo que de toda la vida se había hecho en casa -porque no había otra- y que ahora parece que vuelve pegando fuerte. Con sólo preguntarle al sr. Google por el tema, encuentras porrones de páginas y tutoriales sobre el tema: como este enlace, muy completo y bien explicado, o este otro sobre como hacer jabón líquido para lavar ropa.

En su defensa tenemos el ahorrar en comprar jabón y detergente durante una buena temporada, el reciclaje de una materia muy contaminante -el aceite usado- y la satisfacción de aprender a hacer algo tú mismo. Pero por otra parte, tenemos el esfuerzo y los riesgos que entraña el fabricar jabón casero, ya que no es fácil que salga bien a la primera y manejar sosa cáustica no es ninguna broma. Por eso, me encanta que haya iniciativas como la de A Cova dos Ratos, que mañana miércoles organiza un taller de elaboración de jabón. Si vas a aprender, está bien hacerlo primero con alguien experimentado que te guíe y ayude.

  • ¿Cuándo?: martes 12 de junio, de 20:00 a 22:30h.
  • ¿Dónde?: en A Cova dos Ratos, C/ Romil, 3.
  • Requisitos: no requiere inscripción ni que llevéis nada. Pondrán un bote para los que quieran hacer alguna aportación para el sustento de estas actividades.
 

Proxección de “The Filth and The Fury” en A Cova dos Ratos

The Filth and The FuryMañá pola tarde proxectan na Cova dos Ratos (Romil, 3) “The Filth and The Fury” (Julien Temple, 2000) documental sobre a historia do lexendario grupo punk The Sex Pistols. Os Sex Pistols só duraron 26 meses e grabaron un único disco, así e todo cambiaron o panorama musical por completo. The Filth And The Fury é un irreverente, íntimo e estremecedor retrato do que quizais sexa o grupo de rock máis famoso de tódolos tempos.

O documental segue a ascensión do grupo dende as sucias rúas do Londres dos anos setenta, a súa crucifixión polos xornais sensacionalistas británicos e a súa canonización polos centos de miles de fans de todo o mundo ata o seu estalido final durante unha xira por Norteamérica. Ó longo dese camiño desmóntanse mitos, sáldanse contas pendentes e escóitanse por primeira vez as palabras do grupo que, dunha vez por todas, sae da sombra do que foi o seu egocéntrico representante, Malcolm McLaren. A película, que cuestiona o pano de fondo político, económico e cultural do Londres de mediados dos setenta -e que eu engadiría que é moi parecido ao que estamos vivindo hoxe aquí- evoca o que se converteu nun momento de transición clave da historia social inglesa.

A proxección dará comezo ás 20:15 e rematará sobre as 23:00. Como todas as actividades que organizan na Cova dos Ratos, a entrada é gratis. Déixovos co trailer (en inglés) para que vaiades abrindo boca.