Exposición permanente

Cuando:
23 de julio de 2017 todo el día
2017-07-23T00:00:00+02:00
2017-07-24T00:00:00+02:00
Donde:
Museo Municipal Quiñones de León, Vigo
Museo Municipal de Vigo "Quiñones de León"
36213 Vigo, Pontevedra
España
Precio:
Gratis
Contacto:

Horarios de acceso á exposición permanente:

  • Martes a venres: 10.00 – 14.00
  • Sábados: 17.00 – 20.00
  • Domingos e festivos: 11.00 – 14.00

800px-Pazo_Quiñones_de_León,_Castrelos

O Museo Municipal de Vigo Quiñones de León nace coa doazón do pazo ao pobo de Vigo en 1924 porque os seus propietarios dispuxeron que se debía adicar a museo. Aínda que a doazón non será definitiva ata dez anos máis tarde, a partir dese momento iníciase unha tarefa de provisión de obras e coleccións de arte que está na base das coleccións actuais.

A aspiración do museo foi e é a contextualización deste legado patrimonial no desenvolvemento da propia cidade, o que permitirá que o Museo Municipal Quiñones de León comece a funcionar como museo da cidade a todos os efeitos.

Arte

  • A sección de Artes está formada por máis de 1.500 obras que conforman coleccións de pintura, escultura, debuxo e estampas, e artes aplicadas.

Arqueoloxía

  • O museo conta entre os seus fondos con materiais procedentes dun gran número de xacementos de todas as épocas tanto de Vigo como galegos peninsulares.

Historia

  • Fondos de extraordinario interese para coñecer a historia da cidade de Vigo dende o século XV ata a actualidade.

Fonte da imaxe

¡Compártelo!


Subir ↑