Esencias dunha colección

Cuando:
26 de julio de 2017 todo el día
2017-07-26T00:00:00+02:00
2017-07-27T00:00:00+02:00
Donde:
Pinacoteca Municipal Francisco Fernández del Riego, Vigo
Rúa Abeleira Menéndez
8, 36202 Vigo, Pontevedra
España
Precio:
Gratis
  • A partir do 1 de marzo
  • Martes a venres: 18.00 a 21.00
  • Sábados: 12.00 a 14.00 e 18.00 a 21.00
  • Domingos e festivos: 12.00 a 14.00

O Concello de Vigo conta cunha das máis importantes coleccións de arte galega. Esta colección nace dunha constante e acertada política de adquisicións levada a cabo desde o Museo municipal “Quiñones de León”.

Practicamente en menos dun século, o museo foi quen de formar paseniñamente unha colección que supera actualmente as cincocentas obras de arte, algunhas delas consideradas verdadeiros fitos da plástica galega contemporánea.

A pequena exposición presenta algunhas das súas obras e autores máis representativos e, asemade, permite facer un rápido percorrido pola arte galega durante o pasado século. Dos exemplos máis antigos, como Avendaño, Bello Piñeiro ou Lloréns, até os últimos de finais de século como Leiro, Monroy ou Matamoro; salientan neste percorrido “express”, os grandes mestres Laxeiro, Souto, Maside, Colmeiro, Seoane, Lugrís…

Parolando_Maside

¡Compártelo!


Subir ↑