Aire libre andainas saudables tui valença vigo low cost programacion

Publicado el 21 de febrero de 2016 | por Fer Martínez

0

V Circuíto de Andainas Saudables da Eurocidade Tui-Valença en 2016

A semana pasada en Tui presentouse o programa de actividades deportivas que os concellos de Tui e Valença do Minho levarán a cabo no presente ano de forma conxunta. Dentro desta programación atopamos as Andainas Saudables da Eurocidade, actividade de gran éxito nos pasados anos e que na súa quinta edición ofrecerá 10 rutas entre marzo e novembro.

Estas rutas percorren Valença, Tui e arredores, están aberta a todo o público e teñen un custo de 5€. Por primeira vez nesta edición será necesario apuntarse previamente. A inscrición para a andaina de marzo xa está aberta, aquí tedes o programa completo:

andainas saudables tui valença vigo low cost

13 de marzo: Trilho dos pescadores

2 de abril: Andaina de San Telmo

1 de maio: Trilho da fortaleza

  • Saída da Porta do Sol da fortaleza, Valença

5 de xuño: Fragas e levadas do Calvo e Deva

  • Saída do Centro Interfederado, Tui

17 de xullo: Trilho Monte do Carvalho

  • Saída de Igreja matriz de Fontoura, Valença

6 de agosto: II ruta histórica de Tui

  • Saída do palco da música da Corredoira, Tui

24 e 25 de setembro: Caminho de Santiago portugués

  • Primeira etapa con saída en São Bento, Paredes de Coura
  • Segunda etapa con saída da piscina municipal de Valença, remate en Tui

23 de outubro: Andaina viveiro forestal

  • Saída do Centro Interfederado, Tui

13 de novembro: Trilho das dúas bandas

  • Saída de Igreja matriz de Boivão

A inscrición para as andainas pode facerse por teléfono ou enchendo este formulario online. O equipo das Andainas Saudables traballa desde Valença. O pago de 5€ é por anticipado e pode facerse por transferencia, Paypal ou presencialmente en Valença.

Máis información sobre as Andainas Saudables:

¡Compártelo!

Tags: , , , , , , , , ,


Sobre el autor

Creador de Vigo Low Cost junto a María Cousido. Mi barrio favorito de Vigo es el Casco Vello. Producción, comunicación, cultura, divulgación y entretenimiento.



Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos necesarios están marcados *


*

Puedes usar las siguientes etiquetas y atributos HTML: <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <strike> <strong>

Subir ↑