Programación Camiño a Camiño de febreiro a xuño de 2016
O pasado xoves presentouse a programación de actividades medioambientais Camiño a Camiño para o primeiro semestre de 2016. Este programa do Concello de Vigo ofrecerá as habituais rutas, hortas urbanas, voluntariado medioambiental e cursos de formación e trae novidades: acampadas nas Cíes, rutas pola Ribeira Sacra, unha nova horta-escola en Ramón Nieto, o acondicionamento de tres novos sendeiros locais e formación sobre vida saudable.
Inscrición nas actividades
Estas actividades están dirixidas a persoas maiores de idade empadroadas na cidade de Vigo e nalgunhas actividades poden participar menores acompañados de adultos. As inscricións en condicións normais se realizarán únicamente a través do servizo do 010 do Concello de Vigo (986 810 260 para móbiles), que funciona de 8.00 a 20.00 e cada persoa poderá inscribir un máximo de 4 asistentes. Os non empadroados en Vigo pasarán a unha lista de agarda.
- Máis información sobre o método de inscrición en caminoacaminovigo.blogspot.com.es/p/inscricion.html
Percorridos medioambientais
Rutas por Vigo e bisbarra
- Conca fluvial de Vigo I: Río Lagares (curso alto) (28 de febreiro)
- Conca fluvial de Vigo II: Río Lagares (curso baixo) (6 de marzo)
- Conca fluvial de Vigo III: Río Barxa (13 de marzo)
- Conca fluvial de Vigo IV: Rego do Bao (20 de marzo)
- Montes e Serras a carón de Vigo I: Sendeiro Local de Matamá-Comesaña (3 de abril)
- Montes e Serras a carón de Vigo II: Faro Budiño (10 de abril)
- Montes e Serras a carón de Vigo III: Serra do Suído (17 de abril)
- Montes e Serras a carón de Vigo IV: Sendeiro Local de Cabral (24 de abril)
- Montes e Serras a carón de Vigo V: Serra do Galiñeiro (rutas e escalada) (8 de maio)
- Montes e Serras a carón de Vigo VI: Serra do Morrazo (22 de maio)
- Montes e Serras a carón de Vigo VII: Sendeiro Local de Coruxo (nocturna) (sábado, 28 de maio)
Saída ás 9.30 dende a Praza do Rei, convocatoria ás 9.00 e retorno estimado ás 14.00 no mesmo punto. Ata 300 prazas disponibles. Ruta de balde agás no caso das rutas de Faro Budiño e Suído (3€) e a ruta polo Morrazo (7€). Recollida do ticket de viaxe: nas rutas con pago ao ter concedida a praza, na Casa da Xuventude ata o xoves previo á actividade ás 20.00, os percorridos gratuítos, no momento de coller o autobús na Praza do Rei. As rutas polo Morrazo e o Galiñeiro son de día completo, con retorno sobre as 18.30.
- Os menores de 12, pagan un 50% das achegas.
III Andaina polos Montes de Vigo (15 maio)
- A partir do 2 de maio anunciarase a programación desta actividade , cunha asistencia estimada nuns 1.500 camiñantes
Visita ás Illas Atlánticas
- Acampada nas Illas Cíes I (grupo só adultos) (sábado e domingo, 4 e 5 de xuño)
- Acampada nas Illas Cíes II (grupo só familias con menores) (sábado e domingo, 11 e 12 de xuño)
Saída ás 9.00 dende a Estación Marítima, retorno estimado ás 20.00. 7€ por persoa, 100 prazas por grupo. Recollida do ticket de viaxe ao ter concedida a praza na Casa da Xuventude ata o xoves as 20.00.
- Illas Cíes I (domingo, 5 de xuño)
- Illas Cíes II (domingo, 12 de xuño)
Saída ás 9.00 dende a Estación Marítima, retorno estimado ás 20.00. 7€ por persoa, 400 prazas por grupo. Recollida do ticket de viaxe ao ter concedida a praza na Casa da Xuventude ata o xoves as 20.00.
Rutas por Galicia
- Ribeira Sacra con percorrido enolóxico I (21 e 22 de maio)
- Ribeira Sacra con percorrido enolóxico II (28 e 29 de maio)
- Ancares: Campa da Braña e Piornedo (18-19 xuño)
- Ancares: travesía dende Burbia a Piornedo (17,18 e 19 xuño)
Estas catro actividades teñen prezos entre os 60€ e os 115€, para máis información visita caminoacaminovigo.blogspot.com.es/p/programa-4-trimestre.html
Cursos de formación
Cursos de iniciación ao voluntariado medioambiental
- Sábado 5 de marzo de 10.00 a 13.00
- Sábado 4 de xuño de 10.00 a 13.00
En Vigozoo, curso gratuito con 90 prazas por quenda. De cara a realización de labores de voluntariado medioambiental nas Illas Cies, no río Lagares e demais actuacións é preciso contar co curso de iniciación ao voluntariado medioambiental.
Cursos básico de hortas urbanas
- Sábado 5 de marzo de 10.00 a 13.00
- Xoves 10 de marzo de 16.30 a 20.00
- Sábado 12 de marzo de 10.00 a 13.00
En Vigozoo, achega de 5€, 50 prazas por quenda. A realización deste curso habilita para participar nas hortas-escola.
Viticultura en Galicia: aprende a diferenciar os nosos viños
Sábados 12 e 19 de marzo e 9 de abril de 11.00 a 13.30. na A.V. do Casco Vello. 12€ por persoa, 30 prazas.
Alimentación saudable no almorzo, xantar e cea
Mercores 30 de marzo e 6 e 13 de abril de 17.00 a 19.30. no Mercado do Progreso. De balde, 25 prazas.
Máis información sobre Camiño a Camiño
- caminoacaminovigo.blogspot.com
- Número de Atención Cidadá: 010, (986 810 260 para móbiles)