Actividades formativas de Ugacota no primeiro semestre de 2016
A Unión de Cooperativas de Traballo Asociado inicia a súa nova Programación de Actividades Formativas 2016 no marco da Rede Eusumo. Presenta 6 cursos presenciais e gratuítos que se levarán a cabo entre os meses de febreiro e abril nas localidades de Vilagarcía de Arousa, Vigo, e A Coruña.
Dúas actividades formativas en Vigo
Por que non traballamos en equipo? Habilidades sociais para contornos cooperativos
Con este curso preténdese desenvolver as habilidades persoais claves no traballo colaborativo. Coñecer recursos e metodoloxías que nos axudan a traballar e mellorar as habilidades sociais. E descubrir e aplicar as habilidades persoais nun contorno cooperativo.
- Formación presencial, 20 horas lectivas, do 23 ao 26 de febreiro, de 9.30 a 14.30
- Consulta aquí o programa
- Formulario de inscrición
Emprender en solidario: formación cooperativa para persoas que queren emprender
Con este curso preténdese divulgar as posibilidades e vantaxas de emprender baixo unha fórmula empresarial de economía social: o modelo cooperativo. Tamén se dará a coñecer as testemuñas de persoas que xa emprenderon en cooperativa.
- Formación presencial, 20 horas lectivas, do 8 ao 11 de marzo, de 9.30 a 14.30
- Consulta aquí o programa
- Formulario de inscrición
Ámbolos dous cursos de Vigo serán impartidos na Cámara de Comercio, na rúa República Arxentina 18. Na súa web podedes consultar horarios e datas para os de Vilagarcía de Arousa e A Coruña. Ademais, UGACOTA continuará programando e presentando actividades os vindeiros meses do ano.
Máis información en ugacota.coop
- nuria@ugacota.coop
- 986 13 65 92