Concello de Vigo sortea corenta prazas na Cabalgata de Reis para nenos e nenas da cidade
O Concello de Vigo anunciou o pasado venres o sorteo corenta prazas para que os nenos e nenas vigueses acompañen aos Reis Magos na cabalgata deste Nadal. Os que teñan a sorte de conseguir unha praza serán os encargados de lanzar caramelos desde as tres carrozas dos Reis Magos e a do carteiro real o vindeiro 5 de xaneiro de 2016, véspera de Reis.
O prazo de inscrición finalizará ás 20.00 do 16 de decembro
No sorteo só poderán participar nenos e nenas da cidade nacidos entre os anos 2003 e 2007. Escolleranse a 40 gañadores e 15 suplentes. Para participar no sorteo é necesario cubrir un boletín de inscrición que podedes recoller na oficina de Información da lonxa do Concello. Poden depositarse nas caixas de correos do Carteiro real que se instalarán na propia do Concello e nos Centros cívicos de Teis, Casco Vello, Coruxo e Saiáns. O sorteo realizarase o martes 22 de decembro.
Bases completas do sorteo en hoxe.vigo.org/pdf/Bases_2015.pdf