Aire libre actividades medioambientais camiño a camiño vigo

Publicado el 21 de septiembre de 2015 | por Fer Martínez

1

Programación Camiño a Camiño de setembro a decembro de 2015

Estabamos agardando por ela e presentouse o pasado venres: xa coñecemos a programación municipal de actividades medioambientais de Vigo, o programa Camiño a Camiño para o que queda de ano inclúe percorridos medioambientais e as habituais actividades de hortas urbanas, voluntariado medioambiental e cursos de formación. A maioría das actividades teñen un prezo low cost ou son de balde, apuntade ben nas actividades que vos gusten, as prazas esgótanse moi rápido.

Proceso de inscrición

Estas actividades están dirixidas principalmente a persoas maiores de idade empadroados na cidade de Vigo. As inscricións en condicións normais realizaranse na semana da actividade,  únicamente a través do servizo do 010 do Concello de Vigo (986 810 260 para móbiles), que funciona de 8.00 a 20.00 e cada persoa poderá inscribir un máximo de 4 asistentes. Os non empadroados na nosa cidade pasarán a unha lista de agarda.

Percorridos medioambientais

Rutas por Vigo e bisbarra (8ª edición)

  • Monte Galiñeiro – Monte Aloia (27 setembro)
  • Hábitats arredor da ría de Vigo I: A fraga de Moaña (4 outubro)
  • Hábitats arredor da ría de Vigo II: As salinas de Vilaboa (11 outubro)
  • Hábitats arredor da ría de Vigo III: Chapela – A Guia (18 outubro)
  • Sendeiro Local de Zamáns (25 outubro)
  • Sendeiro Local de Coruxo (8 novembro)
  • Sendeiro Local de Bembrive-Beade (15 novembro)
  • Sendeiro Local de Candeán (22 novembro)

Saída ás 9.30 dende a Praza do Rei, convocatoria ás 9.00 e retorno estimado ás 14.00 no mesmo punto. Ata 300 prazas disponibles. Prezo de 3€ e desprazamento en autobús nas rutas de Moaña e Vilaboa. Resto de Rutas gratuitas agás Ruta Galiñeiro – Aloia, achega de 7€ (ademais é día completo con volta ás 19.00). Recollida do ticket de viaxe: nas rutas con pago ao ter concedida a praza, na Casa da Xuventude ata o xoves previo á actividade ás 20.00, os percorridos gratuítos, no momento de coller o autobús na Praza do Rei.

  • Os menores de 12, pagan un 50% das achegas. Os nenos poden participar das rutas se van acopañados de adultos.

Cursos de formación

Cursos de iniciación ao voluntariado medioambiental

  • Sábado 10 de outubro de 10.00 a 13.00

En Vigozoo, curso gratuito con 90 prazas por quenda. De cara a realización de labores de voluntariado medioambiental nas Illas Cies, no río Lagares e demais actuacións é preciso contar co curso de iniciación ao voluntariado medioambiental.

Cursos básico de hortas urbanas

  • Sábado 3 de outubro de 10.00 a 13.00
  • Xoves 8 de outubro de 16.30 a 20.00
  • Sábado 17 de outubro de 10.00 a 13.00

En Vigozoo, achega de 5€, 50 prazas por quenda. A realización deste curso habilita para participar en calquera das seis hortas-escola municipais.

Máis información sobre Camiño a Camiño

¡Compártelo!

Tags: , , , , , , , ,


Sobre el autor

Creador de Vigo Low Cost junto a María Cousido. Mi barrio favorito de Vigo es el Casco Vello. Producción, comunicación, cultura, divulgación y entretenimiento.



Una respuesta a Programación Camiño a Camiño de setembro a decembro de 2015

  1. MARIA LOPEZ FERRO dice:

    Muy buenas rutas gracias a todos los monitores por la paciencia y buen hacer.

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos necesarios están marcados *


*

Puedes usar las siguientes etiquetas y atributos HTML: <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <strike> <strong>

Subir ↑