Vigo en inglés, programa de inmersión lingüística para alumnado de 3º da ESO
A principios do mes de marzo o Concello de Vigo aprobou unha axuda para promover a aprendizaxe do inglés entre os alumnos de 3º da ESO Esta convocatoria consiste nunha estadía de 3 semanas nun país de fala inglesa no o mes de setembro deste ano. O prazo de presentación das solicitudes é do 6 ao 17 e abril. Haberá un máximo de 416 prazas para o alumnados da escola pública e concertada de Vigo. No blog de Vigo en Inglés podedes ver como o pasaron os rapaces da anterior convocatoria.
Cada praza do programa Vigo en inglés inclúe:
- Estadía durante tres semanas no Reino Unido e/ou Irlanda
- Gastos da viaxe de ida e volta dende Vigo
- Monitores trilingües (inglés, castelán, galego) que acompañarán ao alumnado
- Matrícula do curso intensivo de mellora en lingua inglesa e programa en réxime de inmersión lingüística e integración nunha escola pública ou privada e os materias necesarios
- Certificado acreditativo
- Actividades de lecer, culturais e deportivas extracurriculares
- Aloxamento en casa de familias de fala inglesa
- Manutención en réxime de pensión completa
- Gastos de transporte urbano ao centro escolar
- Seguro de accidentes e de responsabilidade civil
E os requisitos para poder optar a ela son os seguintes:
- Estar a cursar 3º da ESO nun centro educativo sostido con fondos públicos do Concello de Vigo (público ou concertado) durante o curso 2014/2015
- Ter aprobadas todas as materias de 2º de ESO
- Ter obtido como mínimo unha nota de 7 na materia de Lingua inglesa en 2º de ESO
- Estar empadroado no Concello de Vigo, con vixencia mínima dende o 01/01/2015
- Non ter concedida, no ano 2015, outra axuda coa mesma finalidade
- Ter DNI/NIE, permiso de residencia ou pasaporte en vigor cunha vixencia mínima de 6 meses
Presentación da solicitude
Para optar a esta axuda, se cumplimos os requisitos, hai que encher o formulario Anexo I (solicitude de participación) e os modelos Anexo II (certificación do centro educativo), III (autorización do representante legal) e IV, que atoparedes en pilivigo.org/convocatoria/documentacion.htm e entregar fotocopia do DNI do alumno solicitante, dos titores legais, unha xustificación de ingresos e fotocopia do libro de familia. Todo o tedes moi ben indicado en pilivigo.org.
O prazo de presentación das solicitudes será do 6 ao 17 de abril. Hai que entregar toda a documentación no Rexistro Xeral do Concello de Vigo, na Praza do Rei.
Máis información en pilivigo.org
- Servizo Municipal de Educación, Programa Vigo en inglés na pranta 11ª do edificio do Concello de Vigo, Praza do Rei
- vigoeningles@vigo.org e 986 810 181
- Horario do Rexistro Xeral: de luns a venres de 9.00 a 13.30 e sábados de 9.00 a 13.00