Obradoiros de estimulación cognitiva para persoas maiores en Vigo
Hoxe queremos falarvos duns obradoiros dirixidos a persoas maiores con tempo libre e necesidade de saír da casa e relacionarse. Os obradoiros impártense en dous puntos da nosa cidade e neles, mediante exercicios individualizados sobre gramática, cálculo, pasatempos (sopas de letras, sudokus, etc.) poderán desfrutar dun tempo para activar a mente e poder compartir experiencias con persoas da súa mesma idade. Os horarios e os prezos son os seguintes:
Asociación Veciñal de Teis (Rúa Gerardo Campos Ramos, 2)
- Martes de 10.00 a 11.30 (10€ ao mes)
- Xoves de 17.00 a 18.30 (10€ ao mes)
Farmacia Elena Baliño (Rúa Urzáiz, 96)
- Martes de 17.00 a 18.30 (15€ ao mes)
Os obradoiros de estimulación cognitiva están impartidos por Raquel Monteso, traballadora social cunha ampla experiencia en actividades grupais tanto para maiores como con cativos, traballa desde o 2009 na Asociación Veciñal de Teis e tamén posúe experiencia docente a través de diversas empresas de formación e ocio e tempo libre como son Áurea Xestión Cultural, Aula Sísifo e ACTEX.
Máis información en facebook.com/construindonos
- Inscricións en raquelmonteso@gmail.com ou no 666 219 463
Imágenes: Luana Fischer Ferreira