Aire libre camiño a camiño 2015 vigo

Publicado el 22 de febrero de 2015 | por Fer Martínez

0

Programación Camiño a Camiño primeiro semestre de 2015

Traemosvos a programación de actividades medioambientais que o Concello de Vigo esta a levar a cabo durante este primeiro semestre do ano. Entre os meses de febreiro e xuño poderedes participar en andainas por Vigo, as illas atlánticas e mesmo Portugal e tamén en cursos de formación para participar nas hortas urbanas ou no voluntariado municipal.

Aínda que seguen a ser actividades low cost, e hai rutas de balde nesta edición a maioría dos percorridos teñen un prezo entre os 3 e os 12€, ademais disto en marzo e abril hay 3 rutas en Portugal con pernocta que teñen un prezo de entre 40 e 55€. Os menores de 12 ano pagan a metade da achega agás no caso das rutas en Portugal.

Importante: inscrición

Estas actividades están dirixidas principalmente a empadroados na cidade de Vigo e agás indicación a inscrición lévase a cabo na semana de celebración da actividade. As inscricións en condicións normais se realizarán únicamente a través do servizo do 010 do Concello de Vigo (986 810 260 para móbiles), que funciona de 8.00 a 20.00 e cada persoa poderá inscribir un máximo de 4 asistentes. Os non empadroados na nosa cidade pasarán a unha lista de agarda.

Percorridos medioambientais

Rutas por Vigo e bisbarra

  • Ruta da Auga I: Vigo – Os Valos (15 febreiro)
  • Ruta da Auga II: Os Valos – Pazos de Borbén (22 febreiro)
  • Ruta da Auga III: Pazos de Borbén – Encoro de Eiras (1 marzo)

Saída ás 9.30 dende a Praza do Rei, convocatoria ás 9.00 e retorno estimado ás 14.00 no mesmo punto. Ata 300 prazas disponibles. Prezo de 3€ e desprazamento en autobús incluido. Recollida do ticket de viaxe: ao ter concedida a praza, na Casa da Xuventude, ata o xoves previo á actividade ás 20.00.

  • Sendeiro Local de Matamá-Comesaña (8 marzo)
  • Sendeiro Local de Saiáns (15 marzo)
  • Sendeiro Local de Candeán (22 marzo)

Saída ás 9.30 dende a Praza do Rei, convocatoria ás 9.00 e retorno estimado ás 14.00 no mesmo punto. Ata 300 prazas disponibles para Matamá e 180 para os outros dous. Actividade gratuíta con transporte incluido en autobús urbano.

Costa atlántica: Oporto – Vigo

  • Etapa 1: Oporto – Póvoa de Varzim (14-15 marzo)
  • Etapa 2: Póvoa de Varzim – Viana do Castelo (21-22 marzo)
  • Etapa 3: Viana do Castelo – Oia (11-12 abril)

Saída o sábado ás 7.45 e retorno o domingo ás 20.00, inscrición na Casa da Xuventude entre o 23 e o 26 de febreiro, de 10.00 a 14.00 e de 17.00 a 20.00, puidendo inscribirse nas 3 etapas (100 prazas) ou nunha etapa (50 prazas por etapa). Prezo entre 40 e 55€, inclúe transporte e aloxamento (bungalow, caravana, tenda con cama ou habitación). Comida a cargo do participante.

  • Etapa 3: A Guarda – Oia (12 abril)
  • Epata 4: Oia – Baiona (19 abril)
  • Etapa 5: Nigrán – Vigo (26 abril)

Saída ás 9.30 dende a Praza do Rei, convocatoria ás 9.00 e retorno estimado ás 20.00 no mesmo punto. 150 prazas disponibles na etapa 3 e 300 nas outras. Achega de 7€ ans etapas 3 e 4 e de 5€ na quinta.  Desprazamento en autobús discrecional incluido.

Visita ás Illas Atlánticas

  • Illa de Sálvora (sábado 2 ou domingo 10 de maio)
  • Illa de Ons (domingo 3 ou sábado 9 de maio)
  • Illas Cíes (domingos 3 ou 10 de maio)

Saída ás 9.00 dende a Estación Marítima, retorno estimado ás 20.00. 200 prazas para Sálvora (12€), 250 para Ons (12€) e 500 para Cíes (7€). Recollida do ticket de viaxe ao ter concedida a praza na Casa da Xuventude ata o xoves as 20.00.

2ª Andaina polos Montes de Vigo (17 maio)

Máis información na Axenda: II Andaina polos montes de Vigo

Cursos de formación

Cursos de iniciación ao voluntariado medioambiental

  • Sábado 28 de febreiro de 10.00 a 13.00
  • Xoves 19 de marzo de 16.30 a 20.00

En Vigozoo, curso gratuito con 90 prazas por quenda. De cara a realización de labores de voluntariado medioambiental nas Illas Cies, no río Lagares e demais actuacións é preciso contar co curso de iniciación ao voluntariado medioambiental.

Cursos básico de hortas urbanas

  • Sábado 28 de febreiro de 10.00 a 13.00
  • Sábado 7 de marzo de 10.00 a 13.00
  • Xoves 12 de marzo de 10.00 a 13.00
  • Xoves 19 de marzo de 10.00 a 13.00

En Vigozoo, achega de 5€, 50 prazas por quenda. A realización deste curso habilita para participar nas hortas-escola

Máis información sobre a programación de Camiño a Camiño en caminoacaminovigo.blogspot.com e no 010

¡Compártelo!

Tags: , , , , , , , , ,


Sobre el autor

Creador de Vigo Low Cost junto a María Cousido. Mi barrio favorito de Vigo es el Casco Vello. Producción, comunicación, cultura, divulgación y entretenimiento.



Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos necesarios están marcados *


*

Puedes usar las siguientes etiquetas y atributos HTML: <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <strike> <strong>

Subir ↑