Programación para novembro e decembro de 2014 en Vigosónico
Os dous derradeiros meses de 2014 estarán cargados de actividades en Vigosónico, o espazo para a mocidade que o Concello de Vigo ten ás portas do Parque Tecnolóxico de Valladares. Os cursos desta programación están destinados a mozas e mozos vigueses de 13 a 35 anos, todas as actividades son de balde.
Novembro
- Obradoiro “Di Scipio 2 pieces string” (Vertixe sonora) repertoire. 8 e 9. Entrada de balde até completar aforo
- Curso de Deseño gráfico con Software Libre (nivel básico): xoves 13, 20 e 27 de novembro e 4, 11 de decembro de 18.00 a 20.00
- Obradoiro de sonorización de concertos (nivel básico): venres 14 e sábado 15 de 17.00 a 20.00, participando na sonorización do Concerto Sónico
- Concerto Sónico: o sábado 15, actuación de 3 bandas ás 18.00 con entrada libre.
- Iniciación á ilustración: o martes 18 de 17.00 a 19.00
- Obradoiro reciclaxe con papel: venres 21 de 17.00 a 19.00
- Iniciación a gravación en estudio (nivel básico): sábado 22 e domingo 23 e sábado 29 e domingo 30 en horario de 17.00 a 19.00
- Obradoiro portamoedas de feltro: mércores 26 de 17.00 a 19.00
Decembro
- Técnicas de relaxación: martes 2 de 17.00 a 18.00
- Obradoiro envoltorios agasallos con material de refugallo: mércores 10 de 17.00 a 19.00
- Obradoiro de sonorización de concertos (curso básico): venres 12 e sábado 13 de 17.00 a 20.00
- Concerto Sónico: o sábado 13 , actuación de 3 bandas ás 18.00, con entrada libre.
- Obradoiro iniciación “Deseño de interiores 3D” con Sweet Home 3D*: martes 16 e mércores 17 de 18.00 a 20.00
Ademais, para as vacacións de Nadal teñen preparadas unha serie de actividades que aínda non teñen data fixa: torneos de ping pong e de futbolín e concertos solidarios de bandas e de corais.
Inscrición nas actividades
A inscrición nas actividades realízase a través da páxina de xuventudevigo.org. Pode solicitarse praza nun máximo de 3 cursos por orde de preferencia. Rematado o prazo de inscricións comunicarase por medio do correo electrónico a concesión de prazas. Para os cursos de informática (Deseño gráfico e Deseño de interiores) precísase ter práctica no emprego de correo electrónico e de informática básica.
Vigosónico atópase en Estrada do Portal, na entrada ao Polígono Tecnolóxico de Valladares, ao lado do vial de baixada da Universidade de Vigo. Para achegarse a este espazo poden empregarse as liñas de Vitrasa U1, C7 e L8
- Máis información en xuventudevigo.org