Actividades de outubro a decembro de 2014 en Súbete ó Castro
Xa coñecemos as actividades para a mocidade viguesa que se levarán a cabo no Súbete ó Castro durante os meses de outubro, novembro e decembro. Nesta programación de outono atopamos actividades que xa tiveron moita aceptación en edicións anteriores coma o obradoiro de Hamabeads e outras novas como a de cociña terrorífica de Samaín que prometen moito. Lembrade que este programa non está pechado e hai a posibilidade de que se engadan máis actividades.
Para participar nas actividades de Súbete ño Castro hai que ter entre 13 e 35 anos. A inscrición para estas actividades ábrese 15 días antes da súa celebración ás 16.00, e faise de forma presencial no propio espazo, a través de subeteocastro@vigo.org, por mensaxe privada en facebook.com/subeteo.castro ou chamando ao 986 485 541. Ollo, a xente que se anote nas actividades e non asista será penalizada sen poder apuntarse en seguintes actividades.
Obradoiros
- Cociña terrorífica de Samaín o mércores 29 de outubro, de 17.00 a 19.00 Iscrición aberta o 10 de outubro
- Máscaras de Samaín o venres 31 de outubro, de 16.30 a 18.30 Inscrición aberta o xoves 16
- Chaveiros de fieltro o venres 21 de novemro de 17.00 a 18.30
- Hamabeads o mércores 17 de decembro de 17.00 a 18.00
- Cócteles sen alcohol o venres 19 de decembro de 20.00 a 21.00
- Kedada Fanzinando o venres 10 de outubro de 17.00 a 18.30
Actividades deportivas
- Torneo de Tenis de mesa o sábado 8 de novembro a partir das 18.30
Música e artes escénicas (+ info)
- Baixo eléctrico, guitarra, técnica vocal, batería, breakdance e improvisación teatral con inscrición presencial
Ademais destas actividades Súbete o Castro seguirá a ofrecer os seus Castroconcertos en salas da cidade, para os que están buscando bandas; tamén continúan co seu proxecto de radio web, para a que buscan voluntarios.
Súbete ó Castro está no Paseo dos Cedros do Monte do Castro, preto da pista de bicis
- Aberto de luns a xoves de 16.00 a 20.00, venres e sábados ata as 22.00
- Máis información e programa completo en xuventudevigo.org