Programación Camiño a Camiño para outono de 2014
Esta semana presentouse a programación Camiño a Camiño de actividades medioambientais que o Concello de Vigo ten preparadas para o outono de 2014. Como en anteriores edicións, de novo temos un bo número de rutas de natureza combinadas con actividades de formación, voluntariado, conferencias e hortas urbanas. A maioría de actividades son gratuítas ou requiren unha pequena aportación pero podemos afirmar que pagan moito a pena e que trátase dun programa moi completo e que terá sen dúbida tanto éxito coma os anteriores.
Inscrición
As actividades de Camiño a Camiño están dirixidas a empadroados na cidade, na maioría dos casos a inscrición lévase a cabo na semana de celebración da actividade. As inscricións en condicións normais se realizarán únicamente a través do servizo do 010 do Concello de Vigo (986 810 260 para móbiles), que funciona de 8.00 a 20.00 e cada persoa poderá inscribir un máximo de 4 asistentes. Os non empadroados na nosa cidade pasarán a unha lista de agarda. (máis información sobre o metodo de inscrición)
Voluntariado e hortas urbanas
Para participar no programa de voluntariado medioambiental municipal é obligatorio facer antes o seu correspondente curso de formación, que podedes consultar aquí. No blog de Camiño a Camiño podedes consultar as actividades que levan a cabo os voluntarios e as hortas urbanas nas que se pode traballar.