Compras asesoramiento factura electrica vigo low cost

Publicado el 8 de septiembre de 2014 | por Fer Martínez

0

Oficinas de asesoramento sobre electricidade en Vigo e bisbarra

A Unión de Consumidores de Galicia, co apoio da Deputación de Pontevedra pón en marcha 10 oficinas en varias localidades da provincia nas que ofrecerase asesoramento gratuíto aos usuarios sobre as consultas e dúbidas na factura eléctrica, información sobre as opcións para contratar electricidade e as distintas tarifas, comparativas dos prezos do mercado libre e o regulado e asesoramento na escolla da mellor opción a contratar, que permita un aforro na factura.

Estas oficinas estarán abertas ata o 31 de outubro en horario de mañá e mediante cita previa, todos os interesados poderán acudir a coñecer a súa situación e como mellorala. Para isto recoméndase que acudan co maior número de facturas posible para poder analizalas. Os usuarios deste servizo recibirán unha comparativa individualizada con distintas opcións do mercado eléctrico.

As oficinas estarán instaladas en Pontevedra, Vigo, Cambados, Cangas, A Estrada, Lalín, Ponteareas, Redondela, Tui e Vilagarcía de Arousa, a continuación podedes ver a información das de Vigo e bisbarra:

  • Vigo (Sede da Deputación) Rúa Oporto 3, 2. Telf: 986 804 100
  • Cangas (Casa do Concello) Avda. Castelao 2, 2º. Telf: 986 300 050
  • Ponteareas (OMIC) Xardíns da Xiralda s/n. Telf: 986 640 000
  • Redondela (Multiusos da Xunqueira) Xunqueira, s/n. Telf: 986 402 865
  • Tui (Casa do Concello) Praza do Concello 1, 1º. Telf: 986 603 643

Máis información en ucgal.org

¡Compártelo!

Tags: , , , , , ,


Sobre el autor

Creador de Vigo Low Cost junto a María Cousido. Mi barrio favorito de Vigo es el Casco Vello. Producción, comunicación, cultura, divulgación y entretenimiento.



Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos necesarios están marcados *


*

Puedes usar las siguientes etiquetas y atributos HTML: <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <strike> <strong>

Subir ↑