Actividades infantiles portada festival titeres redondela

Publicado el 19 de mayo de 2014 | por María Cousido

0

XV Festival de Títeres de Redondela do 19 ao 25 de maio

Consulta la edición de 2015 en nuestra Agenda Low Cost

O Festival Internacional de Títeres de Redondela presenta a súa XV edición enchendo as rúas da vila de títeres, músicos e artistas de todo o mundo. O evento, organizado pola Asociación Xente Titiriteira coa  participación da Concellería de Cultura do Concello de Redondela, mantén a vocación internacional do festival presentando nesta ocasión  traballos e espectáculos de compañías profesionais de Rusia, Portugal, Ecuador,  Francia, Chile, Italia, Cataluña, Madrid e Galicia, entre outros lugares. Ademáis, nesta ocasión rendirán homenaxe a Juanjo Amoedo, promotor orixinal do festival e falecido fai uns anos.

As máis de 60 representacións en diferentes puntos da vila terán lugar dende o luns 19 ata o domingo 25 de maio e o prezo das entradas da programación de sala teñen un prezo de 5€ para adultos e de 3€ para nenos (salvo a homenaxe a Juanjo Amoedo o martes 20, que custa 1€). Destacamos a programación de rúa (o sábado 24 e domingo 25), que é na súa maior parte de acceso libre e gratuito. Velaquí o programa completo:

programacion festival titeres redondela

Paralelamente ó festival tamén haberá un Mercadiño Titiriteiro de artesanía o sábado e domingo na Alameda e unha exposición interactiva, “Vida Acuática”, aberta ata o luns 26 no Multiusos da Xunqueira (entrada por 1€).

Máis información:
¡Compártelo!

Tags: , ,


Sobre el autor

Mujer orquesta, creadora de Vigo Low Cost junto con Fer Martínez. Originaria de la Travesía -te marca de por vida-, su mayor afición es la fotografía.



Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos necesarios están marcados *


*

Puedes usar las siguientes etiquetas y atributos HTML: <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <strike> <strong>

Subir ↑