Actividades infantiles veran xove vigo 2014

Publicado el 14 de mayo de 2014 | por Fer Martínez

0

Programación de actividades Verán Xove 2014 do Concello de Vigo

Onte anunciouse a programación campamentos e actividades que a Concellería de Xuventude levará a cabo durante este verán na nosa cidade. Trátase dunha programación moi extensa que inclúe principalmente campamentos urbanos, actividades en espazos de tempo libre e rapaces e actividades xuvenís en varios puntos da cidade.

Campamentos Urbanos

Abarca actividades para rapaces e rapazas de Vigo con idades comprendidas entre os 4 e os 18 anos según a actividade. A maioría duran unha semana e son de pago, pero teñen parte do prezo subvencionado. A inscrición realizarase entre o 26 de maio ás 10.00 e o 28 de maio ás 20.00 a través de xuventudevigo.org.  Pódese solicitar praza nun máximo de 5 actividades ou quendas por orde de preferencia, asignarase unha actividade por solicitante.

  • En xuventudevigo.org tedes un buscador de campamentos para atopar o mais axeitado segundo mes e zona da cidade na que se leva a cabo ou a idade do neno que vai participar nel.

Espazos de Tempo Libre

A Concellería de Xuventude ofrece dez espazos onde empregar o tempo de lecer realizando obradoiros, xogando, creando e sobre todo, divertíndose. Estes espazos son Casa da Xuventude, Pavillón de Deportes de Coia, Ludotecas do Calvario, Coruxo e Lavadores, Club Vigozoo e Oficinas Municipais de Saiáns, Coruxo, Teis e Casco Vello. As actividades destes espazos están dirixidas ao público infantil. A inscrición é presencial en cada un dos espazos, en xuventudevigo.org atoparedes os enderezos e os horarios. A inscrición e de balde en todos os espazos agás na Ludoteca de Coruxo (5€/mes) e no Vigozoo (ata 20€/semana).

Actividades para a mocidade

Ademais de actividades para nenos ofrécese programación dirixida ao público entre 13 e 35 anos: voluntariado mediambiental, concertos, actividades en Súbete ó Castro, Punto Xove, Casa da Xuventude e eventos puntuais como pode ser O’Marisquiño. As actividades para a mocidade serán de balde e serán anunciadas en xuventudevigo.org a medida que se vaian pechando, tamén as anunciaremos na nosa web.

Máis información na web da Concellería de Xuventude

Como comentabamos antes, é unha programación moi extensa, así que recomendamos botarlle un bo ollo a xuventudevigo.org, sobre todo se estades interesados nos campamentos, o proceso de inscrición está moi ben detallado. Ademais disto tedes a vosa disposición o programa Verán Xove 2014 para consultar todas as actividades. Ademais disto, na web poderedes consultar a programación para persoas con discapacidade, a programación do XV Campus Polideportivo e as bases do XIV Torneo Internacional de Fútbol Base.

Fonte: xornal.vigo.org

¡Compártelo!


Sobre el autor

Creador de Vigo Low Cost junto a María Cousido. Mi barrio favorito de Vigo es el Casco Vello. Producción, comunicación, cultura, divulgación y entretenimiento.



Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos necesarios están marcados *


*

Puedes usar las siguientes etiquetas y atributos HTML: <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <strike> <strong>

Subir ↑