Actividades en maio e xuño na Casa da Xuventude e Punto Xove
Como ven sendo habitual, cada dous meses coñecemos a programación de actividades para a mocidade que ofrecen a Casa da Xuventude e o Punto Xove, estes dous espazos da Concellería de Xuventude de Vigo ofrecerán cursiños de formación para a procura de emprego, sobre informática, mecanografía, primeros auxilios, horticultura ecolóxica e fotografía. Ademais disto ofrecerán obradoiros artísticos para fomentar a creatividade: pulseiras e de découpage ou collage e coroas de flores entre outros.
Maio-xuño na Casa da Xuventude e Punto Xove
Proceso de inscrición
Para participar nestas actividades é necesario estar empadroado en Vigo e ter entre 13 e 35 anos. No tocante ás actividades formativas, hai que encher esta ficha de inscrición, hai a posibilidade de solicitar praza para varios pero só será adxudicado un por persoa. Para os obradoiros artísticos hai que chamar ao 986 294 806 ou solicitar praza por e-mail en xuventude@vigo.org.
Outras actividades
A Casa da Xuventude e o Punto Xove non só ofrecerán cursos e obradoiros, durante os meses de maio e xuño levaranse a cabo catro exposicións de artistas emerxentes e seguirán a ofrecer os seus servizos habituais como son a orientación á mocidade en estudos, traballo e voluntariado e o servizo Síntome Ben de asesoramento nutricional, ademais contan con espazo para conectarse a internet e sala de xogos e reunións.
Máis información e programa completo en xuventudevigo.org
- Punto Xove: Rúa López de Neira 27 (ao lado da Rúa Príncipe), teléfono 986 223 004
- Casa da Xuventude: Rúa López Mora 31, teléfono 986 294 806