Cultura no Camiño 2014 traerá 34 espectáculos a oito concellos da nosa bisbarra
A Consellería de Cultura xunto coa Axencia de Turismo de Galicia teñen preparada para este verán unha nova edición do programa “Cultura no Camiño” que ofrecerá 323 actuacións en 81 municipios galegos polos que pasan a rutas do Camiño de Santiago. Dentro da nosa bisbarra atopamos espectáculos programados en Mos, Baiona, Nigrán, Soutomaior e Redondela, Tui, A Guarda e O Rosal principalmente nos meses de xuño e xullo e tamén en abril, maio, agosto e setembro. Serán espectáculos para todos os públicos e levados a cabo por artistas galegos: teatro, circo, música e maxia serán as principais disciplinas dos mesmos. A continuación podedes consultar a programación completa de “Cultura no Camiño” nestes oito concellos, aínda non coñecemos o prezo das entradas pero sabemos que serán eventos low cost ou de balde.
NigránSalón de actos do Concello 27 de abril, 18.30 EducaTeatro Producións: Os tres porquiños (Teatro infantil) 20 de xuño, 21.00 Felipe Villar Trío (Música) Espazo por determinar 04 de xullo, 20.30 Dani García: Don Gelati (Maxia) 10 de xullo, 20.30 Títeres Cascanueces: O fillo do panadeiro (Teatro Infantil) 12 de agosto, 20.30 A Xanela do Maxín: Titeremusicontos (Teatro infantil) |
SoutomaiorAlameda Talo Río 28 de xuño, 21.00 A illa dos nenos: Maxia no camiño 13 de xullo, 21.00 Compañía Asacocirco: Casal en risco (Novo circo) 08 de agosto, 21.00 Chrystyan Magic: A casiña da maxia na rúa (Maxia) 14 de agosto, 21.00 Magín Blanco: A nena e os grilos (Teatro infantil) 22 de agosto, 21.00 Os tres tenedores: Cocido sinfónico (Teatro infantil) |
MosMultiusos de As Pozas de Petelos 01 de xuño, 21.00 Malvela: Raianas (Música) 14 de xuño ás 21.00 Moxenas Musical Galego: Homenaxe a Nazario González (Música) 15 de xuño ás 21.00 Migallas Teatro: Un avó especial (Teatro infantil) |
RedondelaXardíns da Alameda 19 de xuño
20 de xuño
01 de agosto
|
BaionaPraza do Concello 12 de xullo, 23.00 Os contos de Joselín (Teatro) 15 de xullo, 23.00 Mago Rafa: Momentos máxicos 18 de xullo, 23.00 Orquestra Os Modernos (Música) |
|
A GuardaSalón de actos do Centro Cultural 09 de maio, 20.30 Talía Teatro: Bicos con lingua Auditorio de San Bieito 29 de xuño, 20.30 Tanxarina Títeres: Titiricircus (Infantil) 14 de agosto, 22.00 Fusionarte: Ao ritmo da morte (Maxia) |
TuiPaseo da Corredoira 17 de maio
Praza do Pracer 14 de setembro
|
O RosalAuditorio Municipal 25 de maio, 20.00 Barafunda: Maxia Branca (Teatro) 15 de xuño, 20.30 Hércules Brass quinteto de metais: Os Superhércules (Música) 27 de setembro, 22.00 Fulano, Mengano e Citano: Viva a crise!! (Teatro) |
Consulta o programa completo en agadic.info
Fonte: VGO magazine