Compras obradoiros adicae vigo

Publicado el 26 de marzo de 2014 | por Fer Martínez

1

Obradoiros de ADICAE en Vigo para un consumo crítico e responsable o 14 e 22 de abril

Desde ADICAE, unha asociación de consumidores que tenta defender os dereitos dos consumidores e fomentar a educación en materia de consumo, chéganos o anuncio de dous novos obradoiros gratuítos que se levarán a cabo no mes de abril. No Centro Cívico do Casco Vello levarase a cabo un obradoiro para aprender a descifrar a factura da luz e outro para aprender a tratas coas compañías telefónicas.

Coñece a túa factura de electricidade e aprende a reducila

  • Entendes a túa factura da luz? Sabes se a potencia que tes contratada se axusta as túas necesidades? Cres que pagas demasiado? Neste obradoiro darase luz a moitas das dúbidas máis habituais.
  • O 14 de abril ás 19.30

Como tratar coas compañías telefónicas e as súas prácticas abusivas

  • O sector da telefonía é o sector que máis reclamacións de consumidores acumula. Este obradoiro ten como obxectivo pararlle os pes a estas prácticas abusivas, aprendendo a reclamar eficazmente os nosos dereitos.
  • O 22 de abril ás 19.00

Cursos impartidos no Centro Cívico do Casco Vello, na Rúa Oliva, 12

Estas actividades son totalmente de balde e as prazas son limitadas, aconséllase a inscripción previa, enviando os datos persoais (nome completo, DNI e teléfono de contacto) nun correo a vigo@adicae.net ou chamando ao teléfono 986 226 642, a sede de ADICAE en Vigo está na Rúa Velázquez Moreno 9, 5º oficina 2.

Ademais dos obradoiros, desde ADICAE teñen en marcha un interesante proxecto de educación financeira a distancia para os consumidores que queiran ter uns coñecementos básicos sobre a materia para evitar abusos e sacar o máximo partido aos productos bancarios. Esta plataforma é de balde e podedes acceder a ela a través de educacionfinanciera.adicaeonline.es.

Máis información en facebook.com/ADICAEGalicia

¡Compártelo!

Tags: , , ,


Sobre el autor

Creador de Vigo Low Cost junto a María Cousido. Mi barrio favorito de Vigo es el Casco Vello. Producción, comunicación, cultura, divulgación y entretenimiento.



Una respuesta a Obradoiros de ADICAE en Vigo para un consumo crítico e responsable o 14 e 22 de abril

  1. May dice:

    Gracias por informarnos, ya me apunte.

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos necesarios están marcados *


*

Puedes usar las siguientes etiquetas y atributos HTML: <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <strike> <strong>

Subir ↑