Aire libre reconquista arde o pazo vigo mos

Publicado el 25 de marzo de 2014 | por Fer Martínez

0

Festas da reconquista en Vigo, Mos e Bouzas 2014

Os derradeiros días de marzo e os primeiros de abril son, por tradición, os da conmemoración do alzamento popular que en 1809 logrou expulsar ao exército de Napoleón das nosas terras, sendo Vigo a primeira vila europea en facelo. Pero a de Vigo non foi unha revolta aillada, vilas veciñas como Mos, Redondela, Tui e Bouzas -que foi municipio independente ata 1904- tamén participaron nestas batallas. Para lembrar estos feitos históricos Vigo, Mos e Bouzas celebran cadansúas festas, a continuación podedes ver as principais actividades programadas en cada vila:

Reconquista de Vigo do 28 ao 30 de marzo

Venres 28 de marzo

10.00 Apertura do mercado
12.00 Voltaedalle Teatro “Peccata Minuta” (praza da Constitución)
17.00 Voltaedalle Teatro “Peccata Minuta” (praza do Berbés)
18.00 Inauguración da festa (praza do Berbés)
18.15 Representación da destitución da Corporación da Vila de Vigo (praza do Berbés)
19.00 Demostración de esgrima antiga (praza do Berbés)
21.30 Concerto do Orfeón Mariñeiro do Berbés (praza do Berbés)
23.00 Peche do mercado

Sábado 29 de marzo

10.00 Apertura do mercado
11.00 Foliada infantil (praza da Pedra)
12.00 Actuación Os Quinquilláns Teatro “Feirantes” (praza da Constitución)
17.00 Actuación Os Quinquilláns Teatro “Feirantes” (praza do Pedra)
17.00 Demostración de esgrima antiga (praza do Berbés)
18.00 Actuación da ETRAD (praza da Igrexa)
21.30 Concerto de Sés “Co xenio destrozado” (praza do Berbés)
23.00 Peche do mercado

Domingo 30 de marzo

10.00 Apertura do mercado
10.30 Exhibición de cetrería (praza do Berbés)
11.00 Demostracións de oficios tradicionais
11.30 Contacontos Codia e Miolo ( praza do Berbés)
12.00 Actuación Os Quinquilláns Teatro “Feirantes” (praza da Constitución)
12.00 Volta e dalle Teatro, espectáculo “Rodesindo da Barrosa” (praza da Pedra)
12.30 Exhibición de improvisación en verso “Regueifas” CIOV (praza do Berbés)
17.00 Volta e dalle Teatro, espectáculo Rodesindo da Barrosa (Porta do Sol)
17.00 Actuación Os Quinquilláns Teatro “Feirantes” (praza da Constitución)
18.00 Representación da Reconquista da Vila de Vigo (Porta do Sol)

A Festa da Reconquista de Vigo está organizada pola Asociación Veciñal e Cultural Casco Vello co apoio do Concello de Vigo.

Arde o Pazo en Mos o 6 e 12 de abril

Domingo 6 de abril

10.00 Roteiro histórico pola toponimia da parroquia de Mos.

Co punto de saída no Pazo percorrerase parte da parroquia de Sta. Baia de Mos. Pasando polos lugares que aínda hoxe en día seguen a falarnos da historia da vila, descubrindo como vivían os mosenses de 1809. Para finalizar o percorrido, unha última sorpresa: o que queda da pedra fundacional da parroquia e quen sabe se do propio pazo.

16.30 Último ensaio xeral da representación

20.00 Charla coloquio co escritor e xornalista Eduardo Rolland

Sábado 12 de abril

10.00 Os Marqueses de Mos inauguran o mercado de 1809
10.30 Demostracións e obradoiros de oficios tradicionais
11.00 Mestura tradicional da agrupación As Pedriñas
12.00 1ª Representación: chegan as tropas francesas do Xeneral Maucune
13.30 Proclama do Frade Francisco Giráldez, Comandante da Louriña
14.00 Xantar nas tabernas e furanchos do mercado.
15.30 Animación de rúa Treboada do Baixo Miño, Viravolta Títeres, “O cego dos monifates”
16:30 2ª Representación: os guerrilleiros da Louriña atacan a retagarda do exército francés
17.00 Grupo de gaitas e baile A Nosa Terra de Pereiras
18.00 Aforcamento dos prisioneiros franceses
19.00 Obradoiro de baile francés con Suso Monteira
21.30 Retirada do exército francés fuxindo de Tui e queima do Pazo dos Marqueses de Mos
22.30 Concerto do grupo de música tradicional Pelepau

Arde o Pazo está organizada pola Asociación Cultural Festa da Prehistoria e lévase a cabo na contorna do Pazo de Mos

Festa da Brincadeira en Bouzas o 13 de abril

Temos moi pouca información sobre esta festa, coñecemos a data e estamos agardando a obter máis información a través da Asociación de Veciños Dr. Casás de Bouzas. Está previsto que a festa sexa como a do ano pasado: mercadillo tradicional, postos de gastronomía, pasarrúas, etc. durante toda a xornada.

Máis información en avcascovello.com e ardeopazo.blogspot.com.es

¡Compártelo!

Tags: , , ,


Sobre el autor

Creador de Vigo Low Cost junto a María Cousido. Mi barrio favorito de Vigo es el Casco Vello. Producción, comunicación, cultura, divulgación y entretenimiento.



Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos necesarios están marcados *


*

Puedes usar las siguientes etiquetas y atributos HTML: <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <strike> <strong>

Subir ↑