Cultura sombras china prince achmed

Publicado el 20 de marzo de 2014 | por Fer Martínez

0

Obradoiros de sombras chinesas no Verbum en maio e xuño

O Servizo de Normalización Lingüística do Concello de Vigo prepara unha nova edición dos seus obradoiros de creación de sombras chinesas. Como novidade nesta ocasión haberá un curso de iniciación en maio e un curso de perfeccionamento en xuño. Ademais coas siluetas deseñadas e recortadas por cada unha das persoas participantes vaise crear e escenificar unha pequena historia no salón de actos do Verbum o sábado 7 de xuño.

O curso de iniciación será os días 27, 28, 29 e 30 de maio e o curso de perfeccionamento os días 3, 4, 5 e 6 de xuño, en ambolos dous casos o horario será de 17.00 a 20.00. Este curso é gratuíto e destinado a maiores de 15 anos, hai 20 prazas por quenda. A inscrición pode realizarse a través dos formularios colgados na web SNL de Vigo. Cada asistente deberá levar tesoira, cúter, lapis e goma de borrar, o resto do material está incluido.

Máis información en snl.vigo.org

  • Verbum en Avda. de Samil, 17
¡Compártelo!


Sobre el autor

Creador de Vigo Low Cost junto a María Cousido. Mi barrio favorito de Vigo es el Casco Vello. Producción, comunicación, cultura, divulgación y entretenimiento.



Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos necesarios están marcados *


*

Puedes usar las siguientes etiquetas y atributos HTML: <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <strike> <strong>

Subir ↑