Festival Alternativo das Artes Escénicas de Vigo ata o 16 de marzo
O Festival Alternativo das Artes Escénicas ALT’14 terá lugar do 13 ao 16 de marzo en distintos espazos municipais: no Auditorio do Concello, na Casa das Artes e no salón de actos do MARCO. O festival está organizado pola Asociación Cultural Noescafé Teatro e cumpre trece anos dende o seu nacemento. O programa do ALT’14 contará coa participación de artistas galegos, así como de Cataluña, Francia, Portugal, Brasil, Alemaña, Suiza e Bélxica.
Para os afeccionados ás artes escénicas, o ALT’14 ofrécenos teatro alternativo, con representacións únicas en Galicia que doutra forma non se levarían a cabo na nosa cidade e con entradas a prezos económicos. A entrada para cada espectáculo custará 5€, podendo adquirirse nos propios espazos dende 30 minutos antes do comezo de cada función, ou ben reservarse telefónicamente ata unha hora antes das representacións.
Programa ALT’14
Programa completo en vigocultura.org
- Reserva de entradas telefónica no 666 990 403
- Auditorio Municipal en Praza do Rei, s/n
- Museo MARCO en Rúa Príncipe, 52
- Casa das Artes en Rúa de Policarpo Sanz, 15