Cursos y talleres Programación Marzo Abril 2014 Xuventude vigo

Publicado el 6 de marzo de 2014 | por Fer Martínez

0

Programación para marzo e abril en Casa da Xuventude e Punto Xove

Os meses de marzo e abril veñen cargadiños de actividades no Punto Xove e na Casa da Xuventude. Estes dous espazos para a mocidade ofertan cursos de información, obradoiros de creatividade e asesoramento en varios campos como pode ser a nutrición, co seu programa Síntome Ben, a orientación nos estudios e para a procura de emprego ademáis de exposicións, xogos e zona de internet. Todas estas actividades son de balde.

Actividades formativas en Casa da Xuventude e Punto Xove

Programación Mar-Abr14 Xuventude

Obradoiros de creatividade na Casa da Xuventude

  • Creación con calceta e ganchillo para principiantes: 8 de marzo
  • Atrapasonos: 22 de marzo
  • Cestería con papel: 5 de abril
  • Quedadas creativas (intercambio de experiencias): 15 e 29 de marzo e 26 de abril
  • Obradoiros os sábados de 10.30 a 13.30
  • A pesar de que no cartel indica que os obradoiros non necesitan inscrición previa,  na web de xuventudevigo.org indican o contrario: para inscribirse hai que chamar ao 986 294 806 ou por mail en xuventude@vigo.org

Inscrición nas actividades formativas

Para participar nos cursos de formación é necesario estar empadroado en Vigo e ter entre 13 e 35 anos, a adxudicación de prazas realizarase a través deste formulario tendo en conta a orde de chegada e a admisión darase a coñecer por correo electrónico.

Máis información e programa completo en xuventudevigo.org

  • Punto Xove: Rúa López de Neira 27 (ao lado da Rúa Príncipe), teléfono 986 223 004
  • Casa da Xuventude: Rúa López Mora 31, teléfono 986 294 806
¡Compártelo!

Tags: , , , ,


Sobre el autor

Creador de Vigo Low Cost junto a María Cousido. Mi barrio favorito de Vigo es el Casco Vello. Producción, comunicación, cultura, divulgación y entretenimiento.



Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos necesarios están marcados *


*

Puedes usar las siguientes etiquetas y atributos HTML: <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <strike> <strong>

Subir ↑