Aula de Memoria no Centro Social Lume do Calvario
O Centro Social Lume do barrio do Calvario está a impartir un curso de estimulación cognitiva para persoas adultas. Este curso, dirixido a persoas maiores de 50 anos e especialmente ás maiores de 65. O prezo é de 10€ mensuais para os membros do centro social e de 12€ para os non socios. Este curso será un espazo no que desfrutar de pasatempos, facer exercicios de escritura, poñer o cerebro activo e lembrar aquelas contas e exercicios que facíamos na escola.
Todos os xoves entre as 11.00 e as 12.30
Este curso de estimulación cognitiva estará impartido por Raquel Monteso, diplomada en Traballo Social con experiencia e formación en animación sociocultural e xénero. Raquel Monteso ten unha ampla experiencia en actividades grupais tanto para maiores como con cativos, traballando en varios centros sociais e culturais da nosa cidade. Actualmente imparte o obradoiro Constuíndo a nosa identidade, dirixido a mulleres na Fundación Eomaia.
Máis información e inscricións en facebook.com/construindonos
- raquelmonteso@gmail.com e 666 219 463
- O Centro Social Lume está en Rúa Rouxinol 16, barrio do Calvario