24 de febreiro: Día de Rosalía de Castro en Vigo
En febreiro de 2012, o Concello de Vigo declarou o 24 de febreiro, data de nacemento de Rosalía de Castro, como Día de Rosalía de Castro. Para conmemorar esta data e así achegar a autora, a súa obra e a relevancia que tivo co rexurdir das letras e da lingua galega vanse desenvolver en Vigo distintas actividades ao longo do día de hoxe.
Conferencia de Fernando Pereira Bueno no Auditorio Municipal
O autor do libro Rosalía de Castro. Imaxe e realidade, falaralle ao alumando de Bacharelato e da ESO sobre a iconografía da poeta, analizando algunhas das interpretacións que da imaxe e do espírito da poeta fixeron artistas plásticos de distintas épocas que axudaron a identificala.
- Ás 12.00 en Praza do Rei s/n
Lectura colectiva na Facultade de Filoloxía e Tradución
Lectura de obras rosalianas na lingua orixinal e nas diferentes versións traducidas. Está convidada toda a comunidade universitaria e especialmente o estudantado estranxeiro, que pode procurar no proxecto Rosalía é mundial, no que colaborou a Universidade de Vigo, as traducións ás súas propias linguas.
- Ás 12.00 no salón de actos da facultade
Exposición na Facultade de Filoloxía e Tradución
Exposición de textos de Rosalía e estudos sobre a súa obra que forman parte dos fondos da biblioteca. A exposición poderá visitarse até o próximo 28 de febreiro.
- No horario habitual da biblioteca
Lectura de versos de Rosalía na Casa Galega da Cultura
Teremos oportunidade de escoitarmos versos de Rosalía en diferentes linguas e mesmo haberá un pequeno recital de poemas en lingua de signos. Participará o alumnado da Universidade de Vigo e o voluntariad de Vigo, pero a participación é aberta a todos os asistentes.
- De 18.00 a 19.30 en Praza da Princesa, 2
Conferencia de Fernando Pereira Bueno na Casa Galega da Cultura
O autor compartirá cos asistentes o seu saber sobre a iconografía rosaliana acompañado de Isaura Abelairas, concelleira de Normalización Lingüística, e Manolo Bragado, director de Edicións Xerais de Galicia.
- Ás 20.00 en Praza da Princesa, 2
Fontes: duvi.uvigo.es, xornal.vigo.org