Cursos y talleres formación aula ordenadores

Publicado el 19 de febrero de 2014 | por Fer Martínez

1

Formación para a procura de emprego do Concello de Vigo en marzo

O Concello de Vigo anunciou esta semana unha serie de actividades formativas para grupos dirixidas a desempregados de calquera idade que precisen de asesoramento para afrontar a procura dun emprego. O programa de actividades está composto por catro cursiños presenciais, de balde, de unha ou dúas xornadas e con dúas quendas cada un. Os cursos impartiranse nos centros municipais de Teis e o Casco Vello durante o mes de marzo e para participar neles hai que estar en situación de desemprego e empadroado en Vigo, sen límite de idade.

Ferramentas para a presenza profesional na rede

  • Teis: luns 3 e martes 4 de marzo de 10.30 a 13.30
  • Casco Vello: luns 17 e xoves 20 de marzo de 10.15 a 13.15

Linkedin, a rede de emprego con máis éxito no noso mercado de traballo
Que é? Para que serve? Como debe utilizarse?

  • Teis: mércores 5 e xoves 6 de marzo de 10.30 a 13.30
  • Casco Vello: luns 24 e mércores 26 de 10.15 a 13.15

Marca persoal e busca de emprego
Que é marca persoal? Por que falamos tanto de persoal branding?

  • Teis: luns 10 de marzo de 10.30 a 13.30
  • Casco Vello: venres 21 de marzo de 10.15 a 13.15

O novo mercado de traballo
Características principais e respostas dende a busca de emprego

  • Teis: mércores 12 e xoves 13 de marzo de 10.30 a 12.30
  • Casco Vello: xoves 27 e luns 31 de marzo de 10.30 a 12.30

Inscricións a través do teléfono de Atención Cidadá: 010

  • Centro Municipal de Teis en Camiño das Maceiras s/n
  • Centro Municipal do Casco Vello en rúa Oliva, 12

Fonte: xuventudevigo.org
Imagen: Ángel Hernández Gómez

¡Compártelo!

Tags: , , ,


Sobre el autor

Creador de Vigo Low Cost junto a María Cousido. Mi barrio favorito de Vigo es el Casco Vello. Producción, comunicación, cultura, divulgación y entretenimiento.



Una respuesta a Formación para a procura de emprego do Concello de Vigo en marzo

  1. Ana cristina dice:

    Estoy interesada en saber los cursos que se van a impartir a traves del ayuntamiento

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos necesarios están marcados *


*

Puedes usar las siguientes etiquetas y atributos HTML: <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <strike> <strong>

Subir ↑