Aire libre andainas tui valença

Publicado el 18 de febrero de 2014 | por Fer Martínez

0

Programación de andainas saudables en Valença e Tui durante 2014

Xa coñecemos o calendario de andainas da Eurocidade Valença-Tui para o presente ano. Esta iniciativa contou na anterior edición cun total de 17 percorridos a pé polos municipios de Valença, Tui e arredores, e cunha participación dunhas 2.000 persoas. Os participantes visitaron entre outros espazos a serra do Galiñeiro, Castelo da Furna, o monte Tetón e monte Faro, lugares a un lado e outro do Miño de gran importancia natural e arquitectónica.

A programación de Andainas Saudables comeza o 8 de marzo cunha visita á Veiga da Mira, en Portugal. As actividades que se leven a cabo en Portugal serán o segundo domingo e as do lado galego levaranse a cabo o derradeiro domingo de cada mes. Coma na edición anterior, estas andainas son de balde, non é necesario a inscrición pero pídese unha estricta puntualidade. A continuación podedes consultar o programa completo de andainas:

  • 8 de marzo: Veiga da Mina (PT)
  • 30 de marzo: A Volta do Matute (GL)
  • 12 de abril: Alto da Capela Velha (PT)
  • 27 de abril: Alto do Coello (GL)
  • 10 de maio: Terras de Cerveira (PT)
  • 25 de maio: A Cama de San Xiao (GL)
  • 14 de xuño: Mosteiró (PT)
  • 29 de xuño: San Fins (GL)
  • 12 de xullo: Monte Faro, nocturno (PT)
  • 27 de xullo: Os Baños (GL)
  • 13 e 14 de setembro: Terras Valencianas (PT)
  • 28 de setembro: A Cova da Trapa (GL)
  • 11 de outubro: San Lourenço (PT)
  • 26 de outubro: Santa Trega (GL)
  • 8 de novembro: Cavacadoiro (PT)
  • 30 de novembro: Pozas de Cabaciñas (GL)
  • 13 de decembro: Ínsua do Crasto (PT)

Por regra xeral estas andainas teñen una dificultade baixa ou media, así que todos podemos participar delas, sempre levando un equipamento axeitado. Algunhas delas contan cun guía para falar dos elementos naturais e arquitectónicos que se atopan no percorrido. A medida que coñezamos máis información sobre cada actividade individual iremos engadindo os enlaces coa información importante como lugar de reunión, hora, etc.

  • Caminhadas Saudáveis e Andainas Saudables en facebook.com

Fonte: concellotui.org

¡Compártelo!

Tags: , , , ,


Sobre el autor

Creador de Vigo Low Cost junto a María Cousido. Mi barrio favorito de Vigo es el Casco Vello. Producción, comunicación, cultura, divulgación y entretenimiento.



Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos necesarios están marcados *


*

Puedes usar las siguientes etiquetas y atributos HTML: <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <strike> <strong>

Subir ↑