Aire libre miss cafeina

Publicado el 17 de febrero de 2014 | por Fer Martínez

0

Programación cultural e deportiva de primavera 2014 na Cidade universitaria da Universidade de Vigo

A semana pasada o equipo de Extensión Universitaria da Universidade de Vigo anunciaba as actividades que se levarán a cabo no campus vigués durante o segundo cuadrimestre do presente curso. Actividades entre as que atopamos concertos, teatro e tamén actividades deportivas. A programación comeza esta semana co concerto de Miss Cafeina o mércores 19 de febreiro no Teatro Vidal Bolaño, sito no campus.

Programación de primavera na Cidade universitaria de Vigo

Miss Caffeina

Banda madrileña que vén de sacar ao mercado o seu segundo disco, De polvo y flores, editado pola Warner e producido por Max Dingel, un recoñecido profesional que traballa con grupos como Goldfrapp ou The Killers.

  • 19 de febreiro ás 18.30
  • Teatro Vidal Bolaño, Cidade universitaria
  • Entrada: doazón de 1€ a Unicef

havalina

Festival Sonora 14

Actuación dos vigueses Maryland, que presentarán Los años muertos e os madrileños Havalina, un dos grupos máis recoñecidos do panorama independente español.

  • Mayland ás 17.30 e Havalina ás 18,30
  • Teatro Vidal Bolaño, Cidade universitaria
  • Entrada gratuita

portada

MITEU, Mostra Internacional de Teatro Universitario

Se darán cita compañías de diversos países intercalando actuacións no campus e na cidade de Vigo. A Aula de Teatro da USC será a encargada de abrir o certame.

  • Comeza o 12 de marzo, o programa completo será anunciado próximamente

andaina carreira 10 universidade vigo

Carreira + Andaina 10 km Cidade universitaria 2014

Iniciativa do Servizo de Deportes da Universidade de Vigo na que colaboran UNICEF, a Delegación en Vigo da Federación Galega de Atletismo e o Círculo Mercantil de Vigo. Carreira a pé en dúas voltas de 5 quilómetros e andaina de 10 km de lonxitude que transcorrerá polo entorno do Campus Universitario.

  • 27 de abril pola mañá, inscricións do 10 de marzo ao 22 de abril
  • Taxas entre 4€ e 6€
  • Información completa

Ademais destas actividades, lembrade que o Servizo de Deportes da Universidade de Vigo ofrece sesións deportivas gratuítas o derradeiro xoves de cada mes dentro do programa Music + Sport. Nos vindeiros meses terá lugar tamén o festival Ensaiamos, unha oportunidade para que as bandas formadas por estudantes da comunidade universitaria se suban a un escenario, as datas serán anunciadas proximamente.

Fonte: duvi.uvigo.es

¡Compártelo!

Tags: , , , , , ,


Sobre el autor

Creador de Vigo Low Cost junto a María Cousido. Mi barrio favorito de Vigo es el Casco Vello. Producción, comunicación, cultura, divulgación y entretenimiento.



Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos necesarios están marcados *


*

Puedes usar las siguientes etiquetas y atributos HTML: <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <strike> <strong>

Subir ↑