Obradoiro de cociña vegana na Cova dos Ratos o sábado 22 de febreiro
Xa establecido no derradeiro sábado de cada mes, organízase na Cova dos Ratos a quinta edición do seu obradoiro de cociña vegana. Nesta ocasión os asistentes aprenderán a elaborar un menú 100% vexetal formado por ensaladilla rusa, pastel de verduras ao forno e boliñas de coco, pratos sinxelos, sanos e ricos cun prezo económico. Este obradoiro comezará ás 10.30 e á hora do xantar os participantes poderán compartir no local a comida elaborada.
O prazo de inscrición xa está aberto e tedes ata o 18 de febreiro para anotarvos. O curso non ten prezo fixo, mais haberá un bote de colaboración para que cada quén aporte o que crea oportuno. Todo o diñeiro recadado ira destinado a proxectos culturais e autoxestionados da Cova dos Ratos. A inscrición pode realizarse no correo electrónico omonstruodasghalletas@hotmail.com ou mandando unha mensaxe ao teléfono 636 631 966.
Máis información en covadosratos.wordpress.com
- A Cova dos Ratos está en Rúa Romil, 3