Cine Version_orixinal cine redondela

Publicado el 4 de febrero de 2014 | por Fer Martínez

0

2ª edición de Versión Orixinal: ciclo de cinema en galego de Redondela

O Servizo de Normalización Lingüística organiza un novo ciclo de cinema en lingua galega para cinco noites de venres entre o 7 de febreiro e o 4 de abril. Nesta segunda edición exhibiranse cinco producións galegas de notable éxito nos últimos anos, mostrando a riqueza e utilidade da lingua galega para as creacións audiovisuais, ao tempo que impulsa actividades de lecer en galego para toda a cidadanía. Ademais procura unha sensibilización da poboación cara ás creacións artísticas galegas e a necesidade de apoiar as producións que se fan en Galicia.

7 de febreiro: Doentes (2010) dirixida por Gustavo Balza

doentes1

  • Na década dos 1950 o Hostal dos Reis Católicos -daquela Hospital Real- botou á rúa os doentes, peregrinos e pobres para converterse nun hotel de luxo. Un vello cura castrense presunto ferido de guerra, acompañado dun tísico, queda así á intemperie na miserable noite compostelá, e tenta tirar de todos os fíos que lle quedan para recuperar un acubillo. Historia baseada na obra dramática orixinal de Roberto Vidal Bolaño.
  • Ficción. Recomendada para maiores de 7 anos

21 de febreiro: Arraianos (2012) dirixida por Eloy Enciso

arraianos

  • Neste retrato sobre un pequeno pobo perdido nos bosques da Raia Seca entre Galicia e Portugal, momentos de ficción conviven co cotián dos seus habitantes, os arraianos, agora actores que representan a súa propia vida. Realidade, mitos e soños fúndense neste filme libremente inspirado na obra O bosque do dramaturgo Jenaro Marinhas del Valle. Unha película sobre o tempo, a memoria e a musicalidade da palabra.
  • Ficción. Apta para todos os públicos

7 de marzo: 18 comidas (2010) dirixida por Jorge Coira

fondo_18comidas_g1

  • Unha viaxe a través de dezaoito comidas ­entre almorzos, xantares e ceas que nos fan partícipes deses momentos que poden cambiar unha vida. Unha ducia de historias ao longo dun único día de ficción. Historias que bailan entre a poesía do cotián e os terremotos dos grandes cambios. E estas historias, como acontece na vida, teñen un percorrido imprevisible. Porque esta é unha película de improvisación.
  • Ficción. Apta para todos os públicos

21 de marzo: Costa da Morte (2013) dirixida por Lois Patiño

costa da morte

  • O dramático topónimo provén dos numerosos naufraxios que se sucederon ao longo da historia nesta área feita de rochas, brétemas e temporais. Atravesamos esta terra a observarmos as persoas que a habitan, somos testemuñas do traballo que realizan, co cal manteñen á vez unha relación íntima e unha batalla antagónica coa inmensidade do territorio.
  • Documental. Apto para todos os públicos

4 de abril: Tralas luces (2010) dirixida por Clara Sánchez

tralas luces

  • Un mundo en perigo de extinción e un oficio en decadencia: Os feirantes. Homes e mulleres nunha viaxe física e emocional, que viven en dous mundos: por un lado o da balbordenta feira e os seus sons, músicas e luces de cores, e polo outro o mundo que se agocha detrás das luces dese decorado. Aí oculta está a itinerancia e o desarraigo, a vida permanente na periferia.
  • Documental. Apto para todos os públicos

Todas as proxeccións realizaranse en venres alternos no Auditorio da Xunqueira, ás 21.00, o prezo das entradas é de 3€ e pódense mercar de maneira anticipada na taquilla no auditorio desde os dous días previos a cada proxección. Lembrade que en Redondela tamén podedes desfrutar do Festival de Monólogos Lareta, que remata o 8 de febreiro.

Máis información en redondela-server.net

¡Compártelo!


Sobre el autor

Creador de Vigo Low Cost junto a María Cousido. Mi barrio favorito de Vigo es el Casco Vello. Producción, comunicación, cultura, divulgación y entretenimiento.



Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos necesarios están marcados *


*

Puedes usar las siguientes etiquetas y atributos HTML: <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <strike> <strong>

Subir ↑